Páginas

29 jul 2013

Os “Guerreiros do Minho” no Couto




Este blog volve á actividade. Despois dun ano de silencio (motivos persoais e profesionais así o obligaron) voltamos para quedarnos. Intentaremos actualizalo o máximo posible dentro das nosas modestas posibilidades. Espero que o disfrutedes. ¡Forza Ourense! 
Voltamos falando do Sporting Clube de Braga, os chamados "Guerreiros do Minho",o noso rival de mañá no Couto a partires das 21,00 horas no partido de presentación. O equipo portugués xogará esta tempada a Europa League despois de acabar en cuarta posición na liga lusa.

O CLUBE

O Sporting Clube de Braga é un histórico do fútbol portugués. Fundado en 1921 xogou 57 tempadas (vai para a 58) na primeira categoría do fútbol do país veciño. Sempre foi considerado un equipo da zona media da tabla, que acadou como maior éxito a Taça de Portugal de 1966 ao vencer na final ao Vitoria de Setúbal por 1-0.
Antonio Salvador
A historia do clube trocou coa chegada á presidencia de António Salvador no ano 2003, con tan só 32 anos de idade. Con António Salvador na presidencia os resultados non tardaron en chegar. Dotou ao clube de estabilidade financeira e mudou os seus resultados deportivos, pasando da zona media da clasificación a pelexar a hexemonía dos tres grandes do fútbol luso (Porto, Benfica e Sporting de Portugal). Estivo a piques de conquistar a liga 2009-10, cedendo finalmente ante o Benfica de Jorge Jesús, e tamén loitou polo título na 2011-12 fronte a Porto (campión) e Benfica (subcampeón), finalizando no terceiro posto. A tempada pasada logrou o terceiro título da súa historia ao conquistar a Taça da Liga ao vencer na final ao Porto por 1-0.
Estes bos resultados nas competicións dométicas reflectíronse en Europa. Dende a tempada 2004-05 o Sporting de Braga sempre xogou competición europea, clasificándose en dúas ocasións para a Champions League. No verán do 2008 gañou a Copa Intertoto e na tempada 2010-11 foi finalista da Europa League. Chegou á Europa League despois de ser eliminado na fase de grupos de Champions. Eliminou a clubes da categoría e historia de Liverpool, Dínamo de Kiev e Benfica hasta medirse na final ao Porto. Un gol de Radamel Falcao no último minuto de primeiro tempo acabou co soño dos Guerreiros do Minho, adestrados por Domingos Paciencia.
O éxito de Antonio Salvador baséase en contratar xoves xogadores e apañar os descartes dos tres grandes do fútbol luso. Os homes que destacan son asinados por clubes de maior potencial económico, incluídos tamén os adestradores, e teñen que chegar outros que os sustitúan, polo que o cambio no cadro de xogadores do Sporting de Braga é moi grande cada tempada. O proxecto do Spórting non se basea nun adestrador nin nun xogador. Deste xeito só permanecen na equipa dous dos xogadores que disputaron a final da Europa League de hai dúas tempadas: Custodio e Alan. Dende logo que a secretaría técnica do clube realiza un gran traballo á hora de fichar xogadores, conseguindo que o potencial do equipo non disminúa tempada tras tempada.
Pero Antonio Salvador non se contenta con pelexar cos tres grandes, desbancando de vez en cando a un deles. O seu gran obxectivo é conquistar títulos (falamos de títulos grandes como a Liga, a Taça ou a Europa League) e xogar a Champions League. Precisamente o motivo de que non continuara cos minhotos o adestrador José Peseiro foi a non clasificación para a Champions, a pesares de ter conquistado a Taça da Liga.

O SPORTING DE BRAGA 2013-14

Jesualdo Ferreira
Para sustituir a José Peseiro, Antonio Salvador contratou a Jesualdo Ferreira. O veterano técnico de 67 anos foi o primeiro adestrador de Antonio Salvador no Sporting de Braga, e co comezou a construir este proxecto ainda por rematar. Agora retorna tras marchar no ano 2006 con destino ao Porto (clube co que gañou tres Ligas, dúas Taças e unha Supertaça de Portugal). Despois pasou por Málaga, Panathinaikos e Sporting de Portugal, regresando ao clube que o lanzou a fama.
Agora terá que construir un equipo ao redor da base da tempada pasada, aínda que perdeu a dous homes importantes que partiron rumbo aos petrodólares do Al-Ahli dos Emiratos Árabes Unidos: Mossoró e, sobre todo, Hugo Viana, o home sobre o que xiraba o xogo do equipo.
Para mellorar o cadro de xogadores e loitar por meterse na Champions e conquistar algún título Jesualdo Ferreira contará con varias incorpoacións, entre as que destacan a chegada do porteiro Eduardo, internacional por Portugal, e que ven cedido polo Génova italiano, clube que o fichou no 2010 ao propio Sporting de Braga. A defensa foi reforzada co lateral dereito serbio de 23 anos Aleksander Miljkovic, procedente do Partizán de Belgrado, e co lateral esquerdo Joäozinho, chegado do Beira Mar.
E para o ataque chegaron os extremos Salvador Agra (internacional sub 21) de 21 anos procedente do Betis e o colombiano Felipe Pardo de 22 anos fichado do Independiente de Medellín; ademáis do veterano dianteiro centro Edinho, pertencente ao Málaga ainda que a tempada pasada estivo cedido no Académica de Coimbra onde marcou 18 goles.
Ademáis dos novos correspóndelle tomar o mando a xogadores como Custodio, un medio centro defensivo de 30 anos que leva dende o 2010 no Sporting de Braga, sendo internacional absoluto con Portugal, e Rúben Micael, un medio ofensivo (tamén internacional con Portugal) de 26 anos procedente do Atlético de Madrid, que xa xogou como cedido a tempada pasada no Sporting. Tamén aportará a su experiencia o capitán Alan, un extremo brasileño de 33 anos que chegou no 2008 a Braga, e que esta tempada parece que pasará a xogar no medio do campo.
O cadro de xogadores aínda non está pechado esperándose a fichaxe dun central e dun atacante.

RESULTADOS DE PRETEMPORADA

O Sporting de Braga xogou catro partidos amistosos no Algarve, onde realizou a primeira parte da pretempada. Só encaixou un gol e aínda non coñece a derrota. Venceu ao Sheffield Wednesday, da segunda categoría inglesa, por 3-1 e ao Farense, segunda división portuguesa, por 1-0. Os outros dous partidos empatounos sin goles ante Betis e Hull City (Premier inglesa).

DORSAIS

4 comentarios:

  1. Gran Blog! M epodeis pasar fotos de la afición del Ou?

    ResponderEliminar
  2. En este enlace puedes encontrar algunas: http://ourense.incondicionales.com/fotos_del_cd_ourense-igf.htm

    ResponderEliminar
  3. Ya pero hai que registrarse... Conoces algun otro blog del ourense? teneir Twitter?

    ResponderEliminar
  4. No conozco otro blog. Mi twitter es @DamiDominguezF
    Saludos

    ResponderEliminar