Páginas

31 jul 2013

Gato por lebre ou Sp. Braga B por Sp. Braga



Onte C.D. Ourense perdeu no partido de presentación ante o Sporting de Braga por 1-2. Pero non foi o Sporting de Braga prometido o que se achegou ao estadio do Couto. Ese que acabou en cuarta posición da liga portuguesa e que xogará este ano a Europa League despois de xogar a tempada pasada a Champions. Non. O equipo que se achegou ao estadio ouresanista foi o Sporting de Braga B, clube que militará a próxima tempada na segunda división do fútbol luso.

Nin tan siquera se achegaron xogadores do primeiro equipo a Ourense, simplemente o equipo contra o que se xogou o partido foi o Sporting de Braga B. Coido que esto foi un engano ao afeccionado. Non se pode anunciar que ven un equipo e despois que compareza outro sobre o terreo de xogo. Non sei si o Consello de administración de C.D.Ourense era consciente da situación, ou si simplemente o Sporting de Braga foi o que decidiu de xeito unilateral a presenza do equipo B. Sen embargo considero que compre unha explicación por parte do Consello de administración vermello. Os afeccionados que nos desplazamos ata o campo do Couto, e que pagamos a nosa entrada, merecemos unha aclaración a este tema.

Como se pode apreciar na propia páxina web do Sporting de Braga ningún dos xogadores que estiveron en Ourense (Cavadas, Tomás, Artur, Eira, Nurio, Djibril, Guilherme, Patrao, Erivaldo, Kappel, Grunt, Leandro, Coelho, Nuno, Maksim, Chidi, Piqueti, Ribeiro, Nikiema, Whelton, Platiny, Gonzalo e Tiago) pertence ao cadro de xogadores do primeiro equipo e sí ao segundo. Ademáis tamén na web do club portugués xa sinalan que foi o Sporting de Braga B o que xogou en Ourense.

Penso que o socio e afeccionado de C.D.Ourense merece o máximo respeto e onte faltóuselle ao mesmo coa presenza dun equipo que non era o anunciado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario