Club Deportivo Ourense logrou unha convincente victoria sobre o Oviedo
por 2-1. Un triunfo baseado nun plantexamento valente e ofensivo de
Luisito. Coido que este foi un dos equipos máis ofensivos que alineou esta
tempada. Pola súa banda o Oviedo é un equipo cun potencial ofensivo enorme pero
que fraquea en tarefas defensivas, algo que os vermellos souberon explotar á
perfección.
DOUS EQUIPOS AO ATAQUE
Os plantexamentos
dos dous técnicos no deixaban lugar a dúbidas. Ambos sairon ao ataque
coa intención de gañar o partido, sen especulacións de ningún tipo.
C.D.Ourense plantouse no maltreito céspede do Couto cunha única variante no once que gañou o domingo pasado en Xixón ao Sporting B. Juan Martínez deixou o seu posto no once a Borja Valle, héroe no Mareo ao anotar os dous goles dos vermellos. Un medio menos e un dianteiro máis. Un 4-2-3-1 con Pato na portería; Josu, Portela, Capi e Pinillos en defensa; Yebra e Álex no medio do campo; liña de tres con Iker Alegre pola dereita, Borja Valle pola esquerda e Javi Hernández no centro; e Óscar Martínez como dianteiro centro.
Pola súa banda Granero apostou por un ofensivo 4-4-2, que as veces parecía un 4-2-4, con Orlando Quintana na portería; David Alba, Pardo, David Fernández e Sergio Rodríguez na liña defensiva; Erice e Héctor Simón como mediocentros; Susaeta pola banda dereita; Eneko pola esquerda; Señé como segundo dianteiro e o peleón Diego Cervero como punta de lanza.
Dende o pitido inicial víronse claramente as intencións de ambos equipos. O Oviedo quería levar a iniciativa e apropiarse do balón, cunha intensa presión xa sobre a liña defensiva do Ourense, que por certo provocou varios erros na saída do balón que acabaron por propiciar o gol do empate dos asturianos. Unha vistosa proposta de fútbol que conta con xogadores de gran calidade para levala a cabo. A valía de xogadores como Susaeta, Eneko, Señé ou o discutido Diego Cervero, está fora de toda dúbida nesta categoría. Cando atacan o perigo pálpase.