Páginas

20 ago 2013

Fin da pretempada

Javi Hernández máximo goleador da pretempada. Foto: Faro de Vigo - José Lores


Coa disputa do partido entre Lemos e Club Deportivo Ourense este domingo no campo da Pinguela, púxose o punto e final a pretempada dos vermellos. A xeira de amigables rematou cunha nova victoria por 1-3 ante un animoso rival de Preferente. Nos oito amigables disputados,os ourensanistas venceron en cinco deles, empataron dous e perderon tan só o partido de presentación disputado no Couto ante o Sporting de Braga B, equipo da segunda categoría portuguesa, por 1-2.

A realidade é que estes bos resultados déronse ante equipos de categoría inferior a C.D.Ourense, coa excepción do empate logrado ante o Deportivo (0-0) no primeiro partido da pretempada disputado en Monforte. Quizáis botouse en falla enfrontamentos ante equipos da mesma categoría, ou máis potentes da 3ª división, para coñecer o auténtico potencial do noso equipo. Tan só se xogou medio partido contra o Celta B no triangular Praíña e que finalizou con empate sin goles.

Polo demáis Luisito tivo tempo de coñecer ás novas fichaxes, xa que coa excepción de Gustavo Souto, todos eles chegaron cedo, esquecendo a tempada pasada, onde todo se fixo depresa e correndo debido aos problemas do club. O técnico de Teo ensaiou varios sistemas. Os que en principio serán maís empregados, o 4-2-3-1 e o 4-3-3, ademáis do 4-4-2 con Gustavo Souto e Óscar Martínez en punta probado onte en Monforte. Polo visto, as novas fichaxes amosan potencial, mellorando o cadro de xogadores, que xunto aos bos xogadores da tempada pasada prometen  completar un equipo competitivo que ten como primeiro obxectivo estar na zona media alta da clasificación, sen renunciar a nada.

OS PARTIDOS

OURENSE, 0 – DEPORTIVO DA CORUÑA (2ª división), 0

TRIANGULAR PRAÍÑA (dous partidos de 45 minutos cada un):

OURENSE, 1 – BOIRO (3ª división), 0

Goles: Xaime Noguerol

OURENSE, 0 – CELTA B (2ª B), 0

OURENSE, 1 – SP. BRAGA B (2ª división Portugal), 2

Gol de Iker Alegre

OURENSE, 11 – MUÍÑOS (2ª autonómica), 0 *No primeiro tempo xogou unha Selección da Baixa Limia

Goles de Óscar Martínez (4), Javi Hernández (3), Xaime Noguerol (2), Toni e Yebra (penalti)

OURENSE, 5 – CULTURAL AREAS (3ª división), 0

Goles de Borja Valle (2), Javi Hernández, Gustavo Souto e Adrián Cruz

OURENSE, 3 – VERÍN (1ª autonómica), 0

Goles de Gustavo Souto, Adil e Borja Valle (penalti)

OURENSE, 3 – LEMOS (Preferente), 1

Goles de Óscar Martínez e Javi Hernández (2)

OS XOGADORES

Os que menos xogaron foron Aarón, o terceiro porteiro, que só xogou en Verín, o defensa do Ourense B Ocampo con minutos en Muiños, o defensa Capi debido a unha lesión e o dianteiro Gustavo Souto debido a que foi a última fichaxe e chegou máis tarde que o resto de compañeiros. No eido goleador destaca Javi Hernández con seis goles e Óscar Martínez con cinco, sen esquecer os dous goles en tres partidos de Gustavo Souto, que aproveitou moi ben os seus minutos de xogo.


PARTIDOS
GOLES
PORTEIROS
Pato
6
1 (encaixados)
Manu Táboas
7
1 (encaixados)
Aarón
1
0 (enxaixados)
DEFENSAS
Josu
6
0
Moisés
6
0
Portela
8
0
Capi
2
0
Campillo
8
0
Ocampo
1
0
Pinillos
7
0
MEDIOS
Juan Martínez
7
0
Yebra
7
1
Adil
7
1
Álex
4
0
Xaime Noguerol
7
3
Adrián Cruz
7
1
Toni
6
1
DIANTEIROS
Óscar Martínez
5
5
Gustavo Souto
3
2
Iker Alegre
5
1
Javi Hernández
7
6
Borja Valle
6
3
Rubén Arce
6
0
Karim
6
0

No hay comentarios:

Publicar un comentario