Páginas

8 ago 2013

O grupo de Club Deportivo Ourense



A tan só dúas semanas do comezo da Liga en Segunda B, ao fin coñecemos que equipos acompañarán a C.D. Ourense no seu grupo. Estará formado polos equipos galegos  (Celta B, Compostela, Coruxo, Rácing de Ferrol e C.D.Ourense), asturianos (Avilés, Caudal, Marino, Oviedo e Sporting B), casteláns-leoneses (Burgos, Cultural Leonesa, Guijuelo, Salamanca Athletic e Zamora), cántabros (Noja, Rácing de Santander e Tropezón) e rioxanos (U.D. Logroñés e S.D. Logroñés).

Un grupo que a min gústame. Ademáis da rivalidade cos outro catro equipo galegos, temos clubes históricos como o Oviedo, Rácing de Santander ou Cultural Leonesa, ademáis doutros representativos de grandes cidades como Avilés, Burgos, Salamanca ou Logroño, o que nos deixa un grupo moi atractivo dende o punto de vista deportivo. Un grupo que coido será moi aberto tanto por arriba como por abaixo debido a igualdade que se presume.

Ao longo da tempada iremos analisando máis polo miúdo os distintos rivais de C.D.Ourense, agora imos ofrecer un pequeno avance sobre estes rivais:

CELTA B: O filial celtiña ascendou a tempada pasada tras rematar segundo na fase regular. Como tódolos los filiais son unha incógnita. C.D.Ourense xogou un amigable (só un tempo de 45 minutos) ante o filial celeste no Torneo Praíña que finalizou con empate sen goles. O lóxico é que loite por salvar a categoría.

COMPOSTELA: Outro recén ascendido que ademáis será o primeiro rival de C.D.Ourense xa que visitará O Couto na primeira xornada de liga. Mantén o bloque da tempada pasada co seu goleador Joselu á cabeza. Será un rival difícil que buscará a permanencia como obxectivo.

CORUXO: Os vigueses realizaron unha gran campaña a tempada pasada, optando, incluso, a disputar a promoción de ascenso antes de desincharse na recta final. Manteñen o adestrador (Antonio Gómez) e o bloque de xogadores. Serán un rival moi incómodo que tentará transitar polo zona media da clasificación.

RÁCING DE FERROL: Os verdes arrasaron a tempada pasada en Terceira con case cen goles e cen puntos. Manteñen os bos xogadores e están fichando aínda máis calidade. Poden ser a gran sorpresa e non descartaría que loitaran por entrar na promoción de ascenso. Son un gran equipo.

AVILÉS: Os asturianos a tempada comenzaron moi fortes, acabando a primeira volta en promoción de ascenso. Despois viñéronse abaixo e remataron na zona baixa. Están a remozar moito o equipo, levan 11 fichaxes (desmontaron a defensa do Caudal) e aspiran a estar na zona media-alta da clasificación. Por Mieres non serán ben recibidos.

CAUDAL: A gran sorpresa da tempada pasada. De recén ascendido pasaron a xogar a fase de ascenso. Difícil que repitan este ano a gran campaña realizada trala marcha do entrenador, Paco Fernández ao Rácing de Santander, e de varios dos seus xogadores máis destacados. Para min una incógnita o que pode dar este equipo.

MARINO: Moitos trocos no cadro de xogadores do equipo de Luanco. A súa aspiración é acadar a permanencia e estar pola zona tranquila da tabla clasificatoria, tal e como fixo a tempada pasada.

OVIEDO: Os azuis son os claros favoritos ao título. Teñen a afección máis numeroso, historia e poder económico. Quizais andan algo revoltos no institucional pero todo o que non sexa facerse co campionato será un pequeno fracaso.

SPORTING B: O mesmo que dixemos do Celta B. Dun filial pódese esperar o mellor e o pior. A súa loita debería de ser a salvación e achegarse a zona morna da tabla. Pero todo depende da camada de xogadores de que dispoñan esta tempada.

BURGOS: O fútbol está en crise na cidade burgalesa dende hai moitos anos. Agora intentan remontar o voo despois de ascender a tempada pasada. Están intentando facer un equipo competitivo co que consolidarse na categoría para en tempadas posteriores intentar voltar ao fútbol profesional.

CULTURAL LEONESA: Outro histórico recén ascendido. Os culturalistas arrastran graves problemas económicos que a piques estiveron de deixalos fora da categoría polo tema dos avais. Solucionado o problema tentarán manterse e consolidarse na categoría.

GUIJUELO: Renovación total no cadro de xogadores de equipo salmantino. So quedaron catro xogadores da tempada pasada, onde o equipo tivo moitos problemas para salvar a categoría. Penso que estarán destinados a loitar pola permanencia.

SALAMANCA ATHLETIC: O enxendro de Hidalgo estará no noso grupo. Incrible que a mesma persoa que liquidou á histórica U.D. Salamanca, evitando pagar as débedas que arrastraba, se lle permita inscribir na mesma categoría un novo equipo libre de cargas. Así nos vai neste país, onde a trampa sempre está premiada. Aínda que teñen pouco tempo tratarán de facer un equipo competitivo. Sen problemas económicos poden permitirse fichar xogadores que doutro xeito non poderían. Falta por saber a resposta da afección salmantina a este enxendro.

ZAMORA: Os zamoranos salváronse de xeito miragroso a tempada pasada. Despois de ocupar postos de descenso casi toda a campaña conseguiron salvarse na promoción de descenso. Agora teñen novo presidente e o seu obxectivo será non pasar os apuros da tempada pasada. Lamentar o falecemento do seu capitán Agustín hai poucas semanas debido a unha longa enfermidade.

NOJA: A punto estivo de descender por problemas económicos. Salvado o problema tratarán de lograr a permanencia unha tempada máis. Presentan moitos cambios no cadro de xogadores polo que o seu rendemento e toda unha incógnita.

RÁCING DE SANTANDER: Aínda non saben en que categoría sairán. Depende do que ocurra co Alcorcón e das investigacións sobre posibles amaños ocurridos a tempada pasada, na que descenderon a Segunda B. A pesar da súa crise institucional e económica teñen potencial dabondo para facer un equipo competitivo nesta categoría. Favoritos a xogar a promoción de ascenso.

TROPEZÓN: O modesto clube cántabro ten como obxectivo a permanencia. Non se lle pode pedir máis ao equipo de Tanos. Manter a categoría, algo que non conseguiu nas dúas tempadas anteriores nas que militou en Segunda B, sería todo un éxito.

U.D. LOGROÑÉS: A grave crise do fútbol rioxano trala desaparición do histórico C.D.Logroñés no 2009 deixou dous clubes que loitan por facerse coa hexemonía. Este U.D.Logroñes é un enxendro nado en 2009 ao reconvertir ao Varea (un barrio de Logroño) neste clube. As súas aspiracións son máximas pero a tempada pasada acabou na zona media-baixa da clasificación.

S.D. LOGROÑÉS: Este clube xurdiu no ano 2009 por iniciativa de siareiros do C.D. Logroñés que non se sentían representados pola U.D. Logroñés. Comenzou a súa andaina en Preferente e ascendeu a tempada pasada a 2ª B, logrando a permanencia. Son un clube menos poderoso económicamente que o seu gran rival, pero van medrando ano tras ano. Nesta campaña o obxectivo é estar na zona tranquila da clasificación e dar a sorpresa se é posible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario