Páginas

27 ago 2013

Resumen da xornada

O Oviedo amosa o seu poderío en Burgos. Foto: Futbolasturiano.com


NOJA, 2 – SPORTING B, 1

O equipo cántabro, que a piques estivo de descender por débedas este verán, completou un cadro de xogadores de gran calidade, como é o caso de Xavi Moré ou Iván Zarandona. No seu estreo na categoría gañáronlle ao filial do Sporting a pesares de xogar todo o segundo tempo cun home menos. A Caseta non será un campo doado para ningún equipo.

1-0   (15´) Iván Zarandona; 2-0 (52´) Riki; 2-1 (88´) Castro

CORUXO, 3 – S.D.LOGROÑÉS, 2

O Coruxo segue tendo un fortín no Vao. Nun partido moi disputado e con moitas alternativas logrou vencer a unha S.D.Logroñés que amosou un xogo moi físico e directo. Un gol do eterno Antúnez no minuto 88 deulle tres puntos ao seu equipo. Un comezo de temporada ilusionante para un Coruxo que non se marca metas.

1-0   (19´) Chaco; 1-1 (52´) Iñaki; 2-1 (69´) Centrón; 2-2 (79´) Olavarrieta; 3-2 (88´) Antúnez

BURGOS, 1 – OVIEDO, 2

Unha saída fulgurante do Oviedo deulle o triunfo no Plantío. Aos nove minutos Dani Cervero xa anotara dous goles para os asturianos, arroupados por uns 600 seguidores, deixando o partido encarrilado. O Burgos reaccionou ao final pondo en apretos a un Oviedo que antes perdoara a goleada. Os ovetenses presentan a súa candidatura ao título. Son os grandes favoritos.

0-1   (6´) Dani Cervero; 0-2 (9´) Dani Cervero (p); 1-2 (67´) Cerrajería

TROPEZÓN, 1 – RÁCING DE FERROL, 1

Os racinguistas deixaron escapar a oportunidade de estrearse cunha victoria no derradeiro minuto do encontro. A mellor técnica dos racinguistas foi contrarrestada con garra, ilusión e pelotazos por un rival que acabou xogando e empatando con dez xogadores. A mala nova para o Rácing, ademáis dos dous puntos perdidos, foi a lesión do seu porteiro Marcos Valín. Sofre a rotura do cúbito do brazo dereito e estará entre dous e tres meses alonxado dos terreos de xogo.

0-1 (26´) Manu Barreiro; 1-1 (94´) Dorronsoro

U.D.LOGROÑÉS, 0 – CELTA B, 2

Pode ser considerada a gran sorpresa da xornada. O Celta B logrou unha convincente victoria nas Gaunas ante un equipo local que defraudou completamente, mantendo a liña amosada a tempada pasada. Os xoves xogadores celtiñas amosaron a súa gran calidade, algo que xa se sabía. O que non se contaba e que o fixeran dende o primeiro partido. Non chegaron a sufrir en terras rioxanas.

0-1   (26´) Santi Mina; 0-2 (33) David Añón

GUIJUELO, 0 – ZAMORA, 2

Victoria do Zamora nun partido entre dous equipos que o pasaron mal a tempada pasada. O Guijuelo foi mellor no primeiro tempo, fallando un penalti. O gol do Zamora ao borde do descanso fíxolle moito dano aos locais, que xa non levantaron cabeza. Ao Guijuelo faltóulle gol e sobráronlle fallos defensivos.

0-1   (40´) Montero; 0-2 (88´) Montero (p)

AVILÉS, 1 – CULTURAL LEONESA, 1

A Cultural Leonesa, recén ascendida, colleitou un importante punto na súa visita ao Suárez Puerta avilesino. Tras unha primeira metade igualada o Avilés dominou na segunda. Non tiveron puntería os locais deixando escapar dous puntos. Aínda así amosaron un bo xogo que os fai ser optimistas.

1-0   (27´) Gerardo; 1-1 (29´) Gonzalo

MARINO, 1 – RÁCING DE SANTANDER, 1

O Rácing, un histórico cunha grave crise económica e deportiva, topouse coa realidade da categoría, onde non lle vai ser nada sinxelo gañar os partidos. O encontro tivo moitas alternativas e calquera dos dous equipos pudo levarse a victoria. Ao final empate xusto. O Rácing aínda ten que pechar o seu cadro de xogadores. Son un dos favoritos, pero terán que pelexar moito.

0-1 (52´) Borja Granero; 1-1 (64´) Álvaro

No hay comentarios:

Publicar un comentario