Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta oviedo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta oviedo. Mostrar todas las entradas

23 sept 2013

O coco cae no Couto



Club Deportivo Ourense logrou unha convincente victoria sobre o Oviedo por 2-1. Un triunfo baseado nun plantexamento valente e ofensivo de Luisito. Coido que este foi un dos equipos máis ofensivos que alineou esta tempada. Pola súa banda o Oviedo é un equipo cun potencial ofensivo enorme pero que fraquea en tarefas defensivas, algo que os vermellos souberon explotar á perfección.

DOUS EQUIPOS AO ATAQUE

Os plantexamentos dos dous técnicos no deixaban lugar a dúbidas. Ambos sairon ao ataque coa intención de gañar o partido, sen especulacións de ningún tipo.

C.D.Ourense plantouse no maltreito céspede do Couto cunha única variante no once que gañou o domingo pasado en Xixón ao Sporting B. Juan Martínez deixou o seu posto no once a Borja Valle, héroe no Mareo ao anotar os dous goles dos vermellos. Un medio menos e un dianteiro máis. Un 4-2-3-1 con Pato na portería; Josu, Portela, Capi e Pinillos en defensa; Yebra e Álex no medio do campo; liña de tres con Iker Alegre pola dereita, Borja Valle pola esquerda e Javi Hernández no centro; e Óscar Martínez como dianteiro centro.

Pola súa banda Granero apostou por un ofensivo 4-4-2, que as veces parecía un 4-2-4, con Orlando Quintana na portería; David Alba, Pardo, David Fernández e Sergio Rodríguez na liña defensiva; Erice e Héctor Simón como mediocentros; Susaeta pola banda dereita; Eneko pola esquerda; Señé como segundo dianteiro e o peleón Diego Cervero como punta de lanza.

Dende o pitido inicial víronse claramente as intencións de ambos equipos. O Oviedo quería levar a iniciativa e apropiarse do balón, cunha intensa presión xa sobre a liña defensiva do Ourense, que por certo provocou varios erros na saída do balón que acabaron por propiciar o gol do empate dos asturianos. Unha vistosa proposta de fútbol que conta con xogadores de gran calidade para levala a cabo. A valía de xogadores como Susaeta, Eneko, Señé ou o discutido Diego Cervero, está fora de toda dúbida nesta categoría. Cando atacan o perigo pálpase.

4 sept 2013

Resumo da segunda xornada


O Zamora é o líder do grupo

COMPOSTELA, 3 – CORUXO, 1

Os santiagueses xa demostraran no Couto que eran un bo equipo. En San Lázaro ante o Coruxo refrendaron as boas sensacións da primeira xornada. Foron superiores en todo momento ante un Coruxo que se mostrou flebe en defensa. Só a boa actuación do porteiro Fernando evitou unha victoria aínda máis clara do Compostela.

1-0   (32´) Castiñeiras; 1-1 (53´) Chacopino; 2-1 (68´) Jordan; 3-1 (90) Manu Rodríguez

OVIEDO, 2 – NOJA, 2

Saltou a sorpresa no Carlos Tartiere. O Noja levouse un punto despois de ir perdendo por 2-0, o que fai aínda máis sorprendente o resultado. Os locais adiantáronse con dous goles, pero non souperon pechar o partido e os cántabros acabaron por empatar no segundo tempo. Cóstalle aos ovetenses manter as súas vantaxes. No primiera xornada acabaron sufrindo tras adiantarse por 0-2 en Burgos.

1-0   (29´) Pardo; 2-0 (38´) Cervero; 2-1 (44´) Nacho; 2-2 (72´) Abel

27 ago 2013

Resumen da xornada

O Oviedo amosa o seu poderío en Burgos. Foto: Futbolasturiano.com


NOJA, 2 – SPORTING B, 1

O equipo cántabro, que a piques estivo de descender por débedas este verán, completou un cadro de xogadores de gran calidade, como é o caso de Xavi Moré ou Iván Zarandona. No seu estreo na categoría gañáronlle ao filial do Sporting a pesares de xogar todo o segundo tempo cun home menos. A Caseta non será un campo doado para ningún equipo.

1-0   (15´) Iván Zarandona; 2-0 (52´) Riki; 2-1 (88´) Castro

CORUXO, 3 – S.D.LOGROÑÉS, 2

O Coruxo segue tendo un fortín no Vao. Nun partido moi disputado e con moitas alternativas logrou vencer a unha S.D.Logroñés que amosou un xogo moi físico e directo. Un gol do eterno Antúnez no minuto 88 deulle tres puntos ao seu equipo. Un comezo de temporada ilusionante para un Coruxo que non se marca metas.

1-0   (19´) Chaco; 1-1 (52´) Iñaki; 2-1 (69´) Centrón; 2-2 (79´) Olavarrieta; 3-2 (88´) Antúnez

8 ago 2013

O grupo de Club Deportivo Ourense



A tan só dúas semanas do comezo da Liga en Segunda B, ao fin coñecemos que equipos acompañarán a C.D. Ourense no seu grupo. Estará formado polos equipos galegos  (Celta B, Compostela, Coruxo, Rácing de Ferrol e C.D.Ourense), asturianos (Avilés, Caudal, Marino, Oviedo e Sporting B), casteláns-leoneses (Burgos, Cultural Leonesa, Guijuelo, Salamanca Athletic e Zamora), cántabros (Noja, Rácing de Santander e Tropezón) e rioxanos (U.D. Logroñés e S.D. Logroñés).

Un grupo que a min gústame. Ademáis da rivalidade cos outro catro equipo galegos, temos clubes históricos como o Oviedo, Rácing de Santander ou Cultural Leonesa, ademáis doutros representativos de grandes cidades como Avilés, Burgos, Salamanca ou Logroño, o que nos deixa un grupo moi atractivo dende o punto de vista deportivo. Un grupo que coido será moi aberto tanto por arriba como por abaixo debido a igualdade que se presume.

Ao longo da tempada iremos analisando máis polo miúdo os distintos rivais de C.D.Ourense, agora imos ofrecer un pequeno avance sobre estes rivais:

CELTA B: O filial celtiña ascendou a tempada pasada tras rematar segundo na fase regular. Como tódolos los filiais son unha incógnita. C.D.Ourense xogou un amigable (só un tempo de 45 minutos) ante o filial celeste no Torneo Praíña que finalizou con empate sen goles. O lóxico é que loite por salvar a categoría.