Os santiagueses xa demostraran no Couto que eran un bo
equipo. En San Lázaro ante o Coruxo refrendaron as boas sensacións da primeira
xornada. Foron superiores en todo momento ante un Coruxo que se mostrou flebe
en defensa. Só a boa actuación do
porteiro Fernando evitou unha victoria aínda máis clara do Compostela.
1-0
(32´) Castiñeiras; 1-1 (53´) Chacopino; 2-1
(68´) Jordan; 3-1 (90) Manu Rodríguez
OVIEDO, 2 – NOJA, 2
Saltou a sorpresa no Carlos Tartiere. O Noja levouse un punto despois de ir perdendo por
2-0, o que fai aínda máis sorprendente o resultado. Os locais adiantáronse con
dous goles, pero non souperon pechar o partido e os cántabros acabaron por
empatar no segundo tempo. Cóstalle aos ovetenses manter as súas vantaxes. No
primiera xornada acabaron sufrindo tras adiantarse por 0-2 en Burgos.
1-0 (29´) Pardo; 2-0 (38´) Cervero; 2-1 (44´) Nacho; 2-2 (72´) Abel





