![]() |
| Foto: Vavel |
O COMEZO
Luisito alineou
de saída a Pato na portería; Josu, Moisés (recuperado das súas molestias),
Portela e Pinillos na defensa; Borja Yebra como pivote defensivo; Iker Alegre,
Adil, Javi Hérnandez e Xaime Noguerol por diante e con Óscar Martínez en punta.
Finalmente Josu e Moisés puideron xogar en defensa, e nas bandas apostou por
Iker Alegre pola dereita e Noguerol pola esquerda, deixando a Javi Hernández
como medio máis ofensivo ao carón de Adil.
Pola súa banda
Fredi dispuxo un once composto por Adrián en portería; Jesús Varela,
Castiñeiras, Santi Taboada e Jimmy na defensa; Jordan, Gonzalo, Manu Rodríguez
e Óscar Fondevila na medular e Joselu acompañado por Nacho na dianteira. Fredi
deixou a Germán no banco (acaba de saír dunha lesión) e apostou polo medio
Taboada como central. Con Yahvé renqueante no banco e Diego Rey lesionado
apostou por Óscar Fondevila na esquerda e decidiu xogar con dous homes en
punta: Joselu e Nacho Fernández.
Comezou impoñendo
o seu ritmo o Compostela. Os seus dous mediocentros (Gonzalo e Manu Rodríguez)
gañábanlle a partida os ourensanistas e Jordan creaba perigo pola banda
dereita. A boa nova para os ourensanistas e que Joselu estaba ben controlado
polos centrais locais e a banda esquerda dos branquiazuis apenas entraba en
xogo.


