Importante victoria a lograda por Club Deportivo Ourense ante o Sporting B. Os tres puntos serven para romper unha racha de dúas derrotas consecutivas e permítenlle ao equipo adquirir unha boa dose de confianza, ademáis de espantar as primeiras dúbidas xurdidas tralas derrotas en Vigo e no Couto ante o Rácing de Ferrol. Victoria por 0-2 que podemos considerar xusta pero que tampouco debe esconder os defectos apreciados antes do 0-1.
TROCOS OBRIGADOS NA ALINEACIÓN
De saída Luisito viuse obrigado a realizar dous trocos con respecto ao equipo que perdeu ante o Rácing de Ferrol, os dous por problemas físicos. Moisés deixou o seu posto no centro da defensa a Portela, aínda convaleciente do terrible choque con Manu Barreiro, e Juan Martínez disputou o seu primeiro partido como titular en lugar de Adil. O resto os mesmos do pasado domingo.
Na liña de ataque, desta volta, Iker Alegre ocupou a banda dereita e Javi Hernández a esquerda, con Óscar Martínez como punta de lanza.
Pola súa banda o Sporting B non podía contar co lateral esquerdo Álex Menéndez, convocado polo primeiro equipo para o seu partido anteo Deportivo da Coruña.
IGUALDADE NO PRIMEIRO TEMPO
De saída vimos a un Ourense máis presionante que en partidos anteriores. O trivote formado por Yebra, Álex e Juan Martínez cortaba todo o xogo do filial sportinguista e conseguían ter máis posesión de balón. Sen embargo o problema chegaba á hora de hilvanar xogadas de ataque.



















