Os verdes arrasaron a tempada pasada en 3ª división. Foron campións do grupo I con 97 puntos, 98 goles goles a favor, e 20 puntos de vantaxe sobre o Celta B, segundo clasificado. Na promoción de ascenso enfrontáronse a un vello coñecido dos ourensanista, o Laudio. O Rácing de Ferrol conseguiu superar a eliminatoria, por un global de 2-1 (1-1 e 1-0) e ascender a 2ª B de forma brillante.
Sen embargo o
comezo da tempada na categoría de bronce non é nada bo. No primeiro partido
deixaron escapar dous puntos ante o Tropezón no desconto do partido cuando os
cántabros xogaban con dez xogadores. A semana pasada caeron na Malata ante o
U.D.Logroñés por 1-2, un equipo que viña de ser superado amplamente polo Celta
B. O definitivo gol dos rioxanos tamén chegou no treito final do partido por mor
dun discutido penalti. E o mércores foron eliminados da Copa polo Caudal de
Mieres, que gañou por un solitario gol marcado no segundo tempo, despois dunha
primeira parte de cor verde.
Malos resultados
que non se axustan ao xogo realizado polos departamentais. O que si se observa
é un baixón físico nas segundas metades dos partidos. Aínda é cedo, pero entrar
nunha mala dinámica nas primeiras xornadas pode marcar o resto da tempada.
O Rácing de Ferrol apostou por manter aos mellores xogadores que lograron o ascenso e realizar unhas poucas incorporacións de calidade que reforzaran o equipo. Finalmente tan só realizaron catro fichaxes, un obrigado por lesión do porteiro titular Marcos Valín. Esperaron ata última hora a cesión do dianteiro Luís Fernández do Deportivo sen resultado. Quizáis quedáronse un pouco curtos en efectivos, ainda que sen dúbida os que están son de calidade, pero ao longo dunha tempada pode pasarlles factura se non teñen sorte coas lesións.

