Páginas

6 sept 2013

Mal comezo de tempada do Rácing de Ferrol



Os verdes arrasaron a tempada pasada en 3ª división. Foron campións do grupo I con 97 puntos, 98 goles goles a favor, e 20 puntos de vantaxe sobre o Celta B, segundo clasificado. Na promoción de ascenso enfrontáronse a un vello coñecido dos ourensanista, o Laudio. O Rácing de Ferrol conseguiu superar a eliminatoria, por un global de 2-1 (1-1 e 1-0) e ascender a 2ª B de forma brillante.

Sen embargo o comezo da tempada na categoría de bronce non é nada bo. No primeiro partido deixaron escapar dous puntos ante o Tropezón no desconto do partido cuando os cántabros xogaban con dez xogadores. A semana pasada caeron na Malata ante o U.D.Logroñés por 1-2, un equipo que viña de ser superado amplamente polo Celta B. O definitivo gol dos rioxanos tamén chegou no treito final do partido por mor dun discutido penalti. E o mércores foron eliminados da Copa polo Caudal de Mieres, que gañou por un solitario gol marcado no segundo tempo, despois dunha primeira parte de cor verde.

Malos resultados que non se axustan ao xogo realizado polos departamentais. O que si se observa é un baixón físico nas segundas metades dos partidos. Aínda é cedo, pero entrar nunha mala dinámica nas primeiras xornadas pode marcar o resto da tempada.

O Rácing de Ferrol apostou por manter aos mellores xogadores que lograron o ascenso e realizar unhas poucas incorporacións de calidade que reforzaran o equipo. Finalmente tan só realizaron catro fichaxes, un obrigado por lesión do porteiro titular Marcos Valín. Esperaron ata última hora a cesión do dianteiro Luís Fernández do Deportivo sen resultado. Quizáis quedáronse un pouco curtos en efectivos, ainda que sen dúbida os que están son de calidade, pero ao longo dunha tempada pode pasarlles factura se non teñen sorte coas lesións.

OS REFORZOS

A lesión de Marcos Valín no partido ante o Tropezón deixou como único porteiro a Camacho, polo que ficharon a Marcos Souto, un porteiro que a tempada pasada estivera no Narón. Reforzaron a defensa co central Víctor Vázquez “Churre” procedente do Celta B, co que conseguiu o ascenso a 2ª B. Xogador con ampla experiencia en 2ª B donde disputou máis dun cento de partidos. Tamén chegou o lateral dereito Diego Vela procedente do Deportivo B, un xogador que tamén pode xogar máis adiantado sempre pola banda diestra.

Completan as fichaxes o centrocampista Iosu Villar. Procede do Coruxo, donde era unha das pezas claves no centro do campo. Formouse nas categorías inferiores da Real Sociedade de San Sebastián.

O ADESTRADOR

Continúa no cargo José Manual Aira. Un xove técnico de 37 anos que inicia a súa terceira tempada ao fronte do equipo. En outubro de 2011 era xogador do Rácing, pero colgou as botas para facerse cargo da dirección técnica do equipo tras un desastroso inicio de tempada. Con él no banco o Rácing maravillou co seu xogo a tempada pasada en 3ª división.

XOGADORES DESTACADOS

En defensa destacar a presenza de Antonio López. Un central que estivo en C.D.Ourense na tempada 2006-07. Xogador poderoso por alto que pode facer unha boa parella con recén chegado Víctor Vázquez.

No medio do campo o home clave é Dani Rodríguez. É o director do xogo racinguista. Formado nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña chegou a Ferrol a tempada pasada procedente do Conquense.

Pablo Rey
Na banda esquerda hai que destacar ao capitán Pablo Rey. Un xogador de moitísima calidade e mobilidade, capaz de anotar moitos goles en cada tempada. E na mediapunta sobresae Iago Iglesias. Un xogador que ía para figura pero que se quedou estancando, aínda que para esta categoría vai sobrado de calidade. Debutou no 2005 no Deportivo da Coruña en 1ª división, pensando moitos que estábamos ante o sucesor de Juan Carlos Valerón.

Manu Barreiro
E na dianteira destacan Jorge Rodríguez e Manu Barreiro. Entre ambos anotaron 41 goles (21 Manu Barreiro e 20 Jorge Rodríguez) a tempada pasada. Nesta Manu Barreiro xa leva dous goles, todos os que marcou o Rácing ata o de agora. Todo un perigo o xigantón santiagués.

Aira na Malata soe apostar por un 4-4-2 con Manu Barreiro e Jorge Rodríguez na punta do ataque. Sen embargo fóra da casa, tanto ante o Tropezón como ante o Caudal, apostou por un 4-1-4-1, nas dúas ocasións con Jorge Rodríguez no ataque e Manu Barreiro (ante o Tropezón) e Pablo Rey (ante o Caudal) na banda esquerda.



















Estamos ante un equipo de moita calidade que non debería de ter problemas para manter a categoría, e incluso podería pelexar por estar na zona media-alta da clasificación. Esperemos que non esperten no Couto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario