Páginas

8 sept 2013

Dous minutos tolos déronlle o triunfo ao Racing de Ferrol

Foto: Miguel Villar (La Voz de Galicia)


Victoria dos verdes por 1-2 ao remontar en dous minutos o tanto inicial de Club Deportivo Ourense. Segunda derrota consecutiva dos vermellos que teñen que espertar o próximo domingo ante o Sporting B.

DE INICIO TROCOS

Luisito introduciu dous trocos con respecto ao equipo que perdeu a semana pasada en Barreiro ante o Celta B. Portela deixou o seu sitio no centro da defensa a Capi, e Álex entrou para reforzar o centro do campo en lugar do extremo Borja Valle. Deste xeito o Ourense saltou ao Couto cun 4-3-3 con Pato, Josu,Moisés, Capi e Pinillos en defensa; Yebra, Adil e Álex no centro de campo; Iker Alegre e Javi Hernández polas bandas e Óscar Martínez na punta do ataque.

Pola súa banda Aira tamén movou pezas no once inicial despois de xogar partido de Copa o mércores. Víctor Vázquez (habitual central) ocupou o lateral dereito, deplazando a Vela (habitual no lateral) ao extremo dereito en sustitución de Marcos Álvarez, que se caeu do once. No posto de Víctor Vázquez entrou Pérez e xogou cun só punta, Manu Barreiro, deixando a Jorge Rodríguez no banco, reforzando a medular con Ivan Forte.

PRIMEIRO TEMPO VERMELLO

O Ourense foi superior no primeiro tempo a un decepcionante Rácing de Ferrol. Os vermellos non é que xogaran un partidazo, pero levaron a iniciativa impoñéndose no centro do campo a base de forza. Álex e Adil nesa zona ofrecen moito traballo e loita, aínda que adolecen da creativididade necesaria para xerar xogo e ocasións.

Aos vermellos bastáballe con enviar balóns longos ao extremo esquerdo Iker Alegre para levar perigo a porta de Camacho. Víctor Vázquez, central reconvertido, non podía co extremo asturiano. Pola esquerda chegou a mellor ocasión do Ourense, e case única hai que decilo, desta primeira metade. Un centro medido de Pinillos foi rematado en boca de gol por Óscar Martínez facendo unha enorme parada Camacho. Despois unha diagonal de Javi Hernández deixoulle un balón franco a Iker Alegre que chutou pegando o balón no brazo de Víctor Vázquez. Penalti que transformou o propio Iker Alegre anotando o seu segundo gol da tempada (todos os do equipo).

O Ourense dominaba máis pero non creaba excesivo perigo. Yebra, Adil e Álex gañaban a partida física no medio do campo pero naufragaban á hora de hilvanar xogadas cos dianteiros.

O RÁCING VOLTEA O MARCADOR EN DOUS MINUTOS TOLOS

Marcos Álvarez
O panorama non pintaba ben para o Rácing. José Manuel Aira, técnico racinguista, non espera máis e move o banco no descanso. Retira a Víctor Vázquez, un coladeiro pola dereita, e mete no campo a Marcos Álvarez na posición de extremo dereito, pasado Vela ao lateral. Aquí comezou a cambiar o signo do partido.

O Rácing de Ferrol saiu máis decidido na segunda metade e xa nos compases iniciais unha dobre ocasión de Manu Barreiro (balón ao longueiro) e Marcos Álvarez (parada de Pato) avisaron das intencións dos verdes.

Marcos Álvarez converteuse nun pesadolo para Pinillos sendo o protagonista da remontada dos ferroláns. No minuto 68 escapouse pola banda dereita sendo cortado o seu centro por Pinillos coa man, xogada similar a do gol ourensanista. Manu Barreiro transformou o penalti ao estilo Panenka.

Sen tempo para asimilar o empate chegou o mazazo definitivo para o Ourense en forma de segundo gol. Apenas dous minutos despois Capi enrédase co coiro, perde o balón e Marcos Álvarez lánzase sobre a porta de Pato. Apura a liña de fondo e o seu pase da morte é rematado por Dani Rodríguez a gol. Os verdes atopáronse cun gol cando Aira acababa de quitar do campo ao mediapunta Pablo Rey para dar entrada ao defensa Pumar. Un troco totalmente defensivo que recibiu como premio o segundo gol. Así é o fútbol.

FIN DO PARTIDO

Ainda con 20 minutos por diante este segundo gol acabou co partido. Luisito queimou as naves dando entrada a Xaime Noguerol e Juan Martínez. Sen embargo os vermellos xogaban demasiado acelerados cometendo os mesmos erros que en Barreiro cando encaixaron o gol. Pouca xente na medular  e unha liña de catro dianteiros totalmente ineficaz.

E xa todo rematou definitivamente coa lesión de Moisés ao chocar de cabeza con Manu Barreiro. O sevillano quedou conmocionado e tivo que abandoar O Couto en ambulancia. Cos tres trocos realizados o Ourense rematou o partido con dez homes, pasando Juan Martínez a formar unha defensa de tres con Josu e Pinillos.

O Rácing soupo xogar moi ben as súas cartas nos 15 minutos restantes. Perdas constantes de tempo, consentidas polo árbitro, e liorta tras liorta no centro do campo cortando todo atisbo de reacción dos vermellos. Prácticamente non se xogou neste treito final do partido.

TRISTE EPÍLOGO EN GRADA DE FONDO

Os de sempre montaron o seu numeriño e houbo unha liorta entre a policía e “afeccionados” do Ourense situados en Grada de Fondo. Alguén debería de tomar cartas no asunto, xa que non é a primeira vez que pasan estas cousas.

CONCLUSIÓNS

Neste campo de “patacas” é imposible xogar ben ao fútbol. Aínda nos quedan por sufrir dos partidos con este desolador panorama. Unha mágoa non poder disfrutar dun mellor espectáculo por esta causa.

O centro do campo do Ourense necesita con urxencia o debú de Adrián Cruz. Con il esperamos que chegue a creatividade necesaria nesa zona vital do campo. Adil e Álex dan todo o que teñen e máis, pero necesítase un plus de calidade nesa parcela.

A pesares dos dous goles encaixados a defensa segue mostrándose segura, concedendo poucas ocasións de gol. Estranou o troco de Portela por Capi, que estivo moi ben ata que regalou o segundo gol.

No hay comentarios:

Publicar un comentario