Páginas

4 sept 2013

Resumo da segunda xornada


O Zamora é o líder do grupo

COMPOSTELA, 3 – CORUXO, 1

Os santiagueses xa demostraran no Couto que eran un bo equipo. En San Lázaro ante o Coruxo refrendaron as boas sensacións da primeira xornada. Foron superiores en todo momento ante un Coruxo que se mostrou flebe en defensa. Só a boa actuación do porteiro Fernando evitou unha victoria aínda máis clara do Compostela.

1-0   (32´) Castiñeiras; 1-1 (53´) Chacopino; 2-1 (68´) Jordan; 3-1 (90) Manu Rodríguez

OVIEDO, 2 – NOJA, 2

Saltou a sorpresa no Carlos Tartiere. O Noja levouse un punto despois de ir perdendo por 2-0, o que fai aínda máis sorprendente o resultado. Os locais adiantáronse con dous goles, pero non souperon pechar o partido e os cántabros acabaron por empatar no segundo tempo. Cóstalle aos ovetenses manter as súas vantaxes. No primiera xornada acabaron sufrindo tras adiantarse por 0-2 en Burgos.

1-0   (29´) Pardo; 2-0 (38´) Cervero; 2-1 (44´) Nacho; 2-2 (72´) Abel



RÁCING DE FERROL, 1 – U.D.LOGROÑÉS, 2

Mal debú dos departamentais que perderon o partido nos intres finais debido a un dubidoso penalti. Non era este o inicio soñado polos racinguistas, que na primeira xornada tamén viron como se lle escapaba o triunfo cun postreiro gol do Tropezón. Os rioxanos recupéranse da derrota sufrida nas Gaunas ante o Celta B na primeira xornada cando non lle pintaban nada ben as cousas.

0-1   (1´) Gil; 1-1 (12´) Manu Barreiro; 1-2 (88´) Ubis (p)

CULTURAL LEONESA, 1 – GUIJUELO, 1

Reparto de puntos no Reino de León. Segundo empate consecutivo dos leoneses e primeiro punto dos salmantinos que estrean o seu casilleiro. O partido foi intenso e con moita loita, pero escaso de fútbol, cun resultado que se pode considerar xusto. Os dous equipos deron por bo un punto na loita pola permanencia.

0-1   (55´) Manuel Moreira; 1-1 (81´) Adán

RÁCING DE SANTANDER, 1 – AVILÉS, 1

Segunda xornada e segundo empate para cántabros e asturianos. O Rácing aínda non lle colleu o aire a 2ª B e sufriu para salvar un punto no tramo final ante o Avilés. Sobretodo na segunda metade os locais dispuxeron de moitas ocasións de gol pechando na súa área ao Ávilés. O pior do partido a frouxa entrada no Sardinero.

0-1 (48´) Álex Arias; 1-1 (86´) Koné

SPORTING B, 4 – TROPEZÓN, 1

Contundente victoria do filial sportinguista ante un Tropezón que ten que mellorar moito se quere manter a categoría. Dominio absoluto dos xoves xogadores do Sporting B que superaron por completo a un voluntarioso Tropezón.

1-0   (3´) Guillermo; 1-1 (35´) Dorronsoro; 2-1 (45´) Jony; 3-1 (57´) Julio; 4-1 (79´) Carlos Castro

ZAMORA, 2 – CAUDAL, 1

O Zamora é o líder despois de disputada a segunda xornada de liga. De estar a piques de descender a tempada pasada a estar no máis alto da táboa, como pode trocar a vida en poucos meses. Despois dun primeiro tempo igualado o Zamora saiu con máis ímpetu na segunda parte logrando unha victoria que dispara o optimismo no Ruta da Plata.

1-0   (64´) Montero; 2-0 (68´) Jorge Hernández; 2-1 (88´) Invernón

CLASIFICACIÓN

Po
Clasificación
Pt
Ju
Ga
Em
Pe
Gf
Gc
1º 
6 
2 
2 
0 
0 
4 
1 
2º 
6 
2 
2 
0 
0 
3 
0 
3º 
4 
2 
1 
1 
0 
4 
3 
4º 
  SD Noja
4 
2 
1 
1 
0 
4 
3 
5º 
3 
2 
1 
0 
1 
5 
3 
6º 
3 
2 
1 
0 
1 
3 
2 
7º 
3 
2 
1 
0 
1 
1 
1 
8º 
3 
2 
1 
0 
1 
4 
5 
9º 
3 
2 
1 
0 
1 
2 
3 
10º 
2 
2 
0 
2 
0 
2 
2 
11º 
2 
2 
0 
2 
0 
2 
2 
12º 
2 
2 
0 
2 
0 
2 
2 
13º 
1 
1 
0 
1 
0 
1 
1 
14º 
1 
2 
0 
1 
1 
2 
3 
15º 
1 
2 
0 
1 
1 
1 
3 
16º 
1 
2 
0 
1 
1 
2 
5 
17º 
  Equipo 20
0 
0 
0 
0 
0 
0 
0 
18º 
0 
1 
0 
0 
1 
2 
3 
19º 
0 
1 
0 
0 
1 
1 
2 
20º 
0 
1 
0 
0 
1 
1 
2 

No hay comentarios:

Publicar un comentario