Páginas

5 sept 2013

Rácing de Ferrol, un histórico no Couto



Este sábado visita o Couto un histórico do fútbol galego como é o Rácing de Ferrol. Fundado en 1919 foi un clásico da Segunda División ata a década dos 70, cando o Rácing de Ferrol entrou nunha crise deportiva da que conseguiu salir a principios deste século coa súa volta a categoría de prata do fútbol español.

A pesares de militar durante moitísimas tempadas na 2ª división, 34 en total, nunca conseguiu o ascenso a 1ª división, a pesares de estar cerca en varias ocasións. O seu maior éxito foi o subcampeonato de Copa de 1939, perdendo a final ante o Sevilla por 6-2.

Foi un campeonato atípico. A Guerra Civil acababa de rematar e a Federación Española de Fútbol organizou o torneo que levou o nome de “Copa del Generalísimo Franco”. Parciparon moi poucos equipos, ningún da zona, ata ben pouco, republicana. O Rácing de Ferrol participou como campión do Campeonato Rexional de Galicia.

Ao longo de tantos anos Rácing de Ferrol e Club Deportivo Ourense coincidieron en tódalas categorías nacionais en que participaron. En total son 19 enfrontamentos no Couto repartidos entre 2ª, 2ª B e 3ª división. O balance é favorable aos vermellos que gañaron 10 deses enfrontamentos, só perderon dous e empataron en sete ocasións, con 31 goles a favor e 18 en contra. Aínda que hai que recoñecer en nos últimos anos os racinguistas estiveron máis atinados gañando un e empatando tres dos últimos catro partidos. A última victoria ouresanista remóntase á tempada 1999-00 en 2ª B por 1-0, cando os dous equipos disputaron a promoción de ascenso a 2ª división.

TEMPADA 1965-66, TREMENDA PELEXA POLO CAMPIONATO DE 3ª DIVISIÓN  

Como enfrontamento máis salientable imos lembrar o da campaña 1965-66. O Rácing de Ferrol levaba varias tempadas loitando por ascender a 2ª división, algo complicado xa que había que xogar unha fase de ascenso, e o Ourense acababa de descender da categoría de prata despois de seis tempadas nela.

Era un grupo de 16 equipos, todos galegos, onde Rácing de Ferrol e Ourense eran os grandes favoritos. Así o puxeron de manifesto dende a primeira xornada, iniciando un man a man que no se decidiu ata a derradeira xornada do campionato.

Chegados a xornada 12 o Rácing de Ferrol era líder con tres puntos de vantaxe sobre o Ourense, que tiña un partido menos. O 12 de decembro de 1965 O Couto rexistrou unha gran entrada, foron moitos os seguidores racinguistas que se achegaron ata Ourense, para asistir o partido entre os dous grandes favoritos.

O encontro non defraudou. Os dous equipos xogaron un gran partido, demostrando que eran os mellores da categoría. O triunfo foi para Club Deportivo Ourense por 3-2, endosándolle a primeira derrota aos verdes e quedando como único equipo invicto da categoría. Ademáis colocábase a un só punto cun partido menos, tendo a tiro un liderato que acadaría unha vez xogado o partido aprazado.

A figura do encontro foi o dianteiro local Manolo Conde. Anotou os tres goles dos vermellos, séndolle anulado outro. Aos 34 minutos Conde adiantaba ao Ourense. O Rácing dáballe a volta ao marcador con dous goles nos minutos 36, Roberto, e 39, Goyenechea.

A falta dun minuto para o final do primeiro tempo, gol psicolóxico de Conde para empatar o partido. E xa na reanudación Manolo Conde facía o 3-2 a pase de Leardi no minuto 30, desatando o xúbilo no Couto.

Por C.D.Ourense xogaron: García Escudero; Varela, Celso, Orbán; Ángel, Pombo; Marsal, Manolo Conde, Wilson, Leardi e Villa. Polo Rácing de Ferrol: Vilar; Pepiño, Arturo, Noriega; Chalo, Castell; Arroyo, Sornichero, Goyenechea, Roberto e Costoya.

Ao remate da tempada o título foi para o Rácing de Ferrol. Os vermellos cederon un empate ante a Agrupación Deportiva Couto a falta de catro xornadas (2-2), nun partido de máxima rivalidade no que sobresaliu o porteiro Miguel Ángel do Couto, que posteriormente xogaría no Real Madrid chegando a ser internacional. O Rácing conseguiu un punto de vantaxe, que supo manter na xornada seguinte ante o mismo Ourense no campo do Inferniño (0-0). Xa na última xornada o Rácing de Ferrol goleou ao Coruxo por 12-0 e o Ourense deixouse ir en Compostela perdendo por 2-0, a única derrota da tempada.

Finalmente o Rácing conseguiu o ascenso a 2ª división na fase de ascenso, mentras que C.D.Ourense foi eliminado nunha emocinante eliminatoria polo Marbella nun partido de desempate en Madrid por 4-3.

TODOS OS C.D.OURENSE – RÁCING DE FERROL

TEMPADA
CATEGORÍA
RESULTADO
1959-60
2ª división
4-1
1965-66
3ª división
3-2
1969-70
2ª división
2-1
1972-73
3ª división
2-0
1975-76
3ª división
4-2
1976-77
3ª división
1-1
1977-78
2ª B
1-0
1979-80
2ª B
1-3
1984-85
3ª división
1-1
1988-89
2ª B
0-0
1989-90
2ª B
2-1
1992-93
2ª B
2-0
1993-94
2ª B
4-1
1995-96
2ª B
0-0
1999-00
2ª B
1-0
2003-04
2ª B
1-1
2006-07
2ª B
0-2
2010-11
3ª división
2-2
2011-12
3ª división
0-0

No hay comentarios:

Publicar un comentario