Páginas

23 sept 2013

O coco cae no Couto



Club Deportivo Ourense logrou unha convincente victoria sobre o Oviedo por 2-1. Un triunfo baseado nun plantexamento valente e ofensivo de Luisito. Coido que este foi un dos equipos máis ofensivos que alineou esta tempada. Pola súa banda o Oviedo é un equipo cun potencial ofensivo enorme pero que fraquea en tarefas defensivas, algo que os vermellos souberon explotar á perfección.

DOUS EQUIPOS AO ATAQUE

Os plantexamentos dos dous técnicos no deixaban lugar a dúbidas. Ambos sairon ao ataque coa intención de gañar o partido, sen especulacións de ningún tipo.

C.D.Ourense plantouse no maltreito céspede do Couto cunha única variante no once que gañou o domingo pasado en Xixón ao Sporting B. Juan Martínez deixou o seu posto no once a Borja Valle, héroe no Mareo ao anotar os dous goles dos vermellos. Un medio menos e un dianteiro máis. Un 4-2-3-1 con Pato na portería; Josu, Portela, Capi e Pinillos en defensa; Yebra e Álex no medio do campo; liña de tres con Iker Alegre pola dereita, Borja Valle pola esquerda e Javi Hernández no centro; e Óscar Martínez como dianteiro centro.

Pola súa banda Granero apostou por un ofensivo 4-4-2, que as veces parecía un 4-2-4, con Orlando Quintana na portería; David Alba, Pardo, David Fernández e Sergio Rodríguez na liña defensiva; Erice e Héctor Simón como mediocentros; Susaeta pola banda dereita; Eneko pola esquerda; Señé como segundo dianteiro e o peleón Diego Cervero como punta de lanza.

Dende o pitido inicial víronse claramente as intencións de ambos equipos. O Oviedo quería levar a iniciativa e apropiarse do balón, cunha intensa presión xa sobre a liña defensiva do Ourense, que por certo provocou varios erros na saída do balón que acabaron por propiciar o gol do empate dos asturianos. Unha vistosa proposta de fútbol que conta con xogadores de gran calidade para levala a cabo. A valía de xogadores como Susaeta, Eneko, Señé ou o discutido Diego Cervero, está fora de toda dúbida nesta categoría. Cando atacan o perigo pálpase.

OVIEDO: PERIGOSOS ARRIBA E FRÁXILES EN DEFENSA

Os carballóns amosan un traxe de gala para esta categoría en canto a proposta futbolística e xogadores. Un bonito traxe que Club Deportivo Ourense conseguiu desgarrar polas costuras a través de dous puñais como Borja Valle e Iker Alegre. Os vermellos explotaron as bandas e ahí os ovetenses sufriron.

No un contra un Borja Valle e Iker Alegre case sempre saían vencedores. Os laterais visitantes son os sinalados. Sen embargo tamén hai que dicir que contaron con pouca axuda dos seus compañeiros para frealos. Se a presión inicial dos carballóns é superada é bastante fácil crearlle perigo. Así o demostran os números. Sete goles encaixados en cinco partidos, sen acabar ningún deles coa porta a cero. Sen dúbida que Granero terá que solucionar este tema, sobre todo se chegan as eliminatorias pola ascenso, onde as facilidades en defensa páganse moi caras.

OURENSE: VALENTE E DECIDIDO

Borja Valle outra vez decisivo
O Ourense non dispón de tantos xogadores de gran calidade como lle ocurre ao Oviedo. Pola contra si que ten unha proposta de xogo atractiva e, a maiores, unha solidez defensiva que só rachan errores puntuais, pero a nivel colectivo a fase defensiva do Ourense é superior á amosada polo Oviedo.

Apoiado no traballo incansable do cuarteto defensivo e dos medios Yebra e Álex, o Ourense rompeu polas bandas ao Oviedo. O primeiro gol naceu nun gran pase de Javi Hernández a un Óscar Martínez que se deixara caer pola banda dereita.  O de Taboadela rompeu o fora de xogo e regaloulle o gol a un Borja Valle en estado de gracia. Borja Valle foi o gran protagonista deste primeiro tempo, aparecendo unha e outra vez pola banda esquerda.

Lástima que cando o Ourense estaba buscando o segundo gol chegou o empate, debido a un mal despexe de Pato tras unha cesión comprometida, sobre todo con este campo, de Pinillos. O Oviedo sacou petroleo da súa presión alta e do erro de Pato.

Na segunda metade foi Iker Alegre o que recolleu o testigo do berciano. O ex do Oviedo comezou a percutir pola banda dereita levando o perigo cada vez que encaraba a defensa asturiana. Primeiro Orlando Quintana evitou o segundo gol cunha parada extraordinaria, pero na segunda ocasión nun pudo deter o tiro cruzado do extremo asturiano do Ourense no minuto 64.

Nestes intres xa estaba sobre o terreo de xogo Adrián Cruz, que por fin puido debutar en liga co Ourense despois de catro partidos de sanción. Entrou en sustitución de Javi Hernández, coa intención de ter máis poderío no centro do campo. Víronselle boas maneiras aínda que nalgún momento pareceu algo despistado, perdendo algún balón comprometido.

SUFRIMENTO FINAL

Iker Alegre, soberbio unha vez máis
Co paso dos minutos cada adestrador moveu as súas pezas agotando todos os trocos. Variacións que buscaban refrescar e buscar outras alternativas, pero sempre sen renunciar ao ataque. O Oviedo por cuestións obvias, ía perdendo, e Ourense para intentar sentenciar nalgunha contra e non incrustarse na portería defendendo a mínima vantaxe.

O Oviedo acabou volcado sobre a portería de Pato, a pesar de xogar os últimos cinco minutos con dez xogadores por expulsión de Salva Rivas por dobre cartón amarelo, creando perigo máis por impetu, a base de balóns colgados buscando a Diego Cervero, que por fútbol. Acabar sufrindo era algo lóxico tendo en conta o equipo que estaba en fronte.

Gran triunfo de C.D.Ourense que enche de optimismo á afección e ao equipo. Aínda queda moita liga pero a cara mostrada polos vermellos ante o Oviedo é moi ilusionante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario