Páginas

2 sept 2013

Derrota ante un Celta B con dez


Foto: celtavigo.net (Marta Grande)

Cando máis optimistas éramos os ourensanistas chegou a derrota. Trala expulsión do lateral dereito, Kevin, do Celta B ao pouco de comezar o segundo tempo semellaba que a victoria de C.D.Ourense era máis factible que nunca. Sen embargo todo saiu ao revés e o que se levou o triunfo foi o filial celeste. O vello dito de Helenio Herrera “xógase mellor con dez que con once” fíxose realidade unha vez máis.

DE SAÍDA O CELTA B MELLOR

Luisito dispuxo o mesmo once que gañou ao Compostela co único troco de Borja Valle por Xaime Noguerol. En portería Pato; en defensa Josu, Moisés, Portela e Pinillos; no medio Yebra e Adil; Iker Alegre, Javi Hernández e Borja Valle por diante deles e Óscar Martínez en punta. Novamente Iker Alegre comezou pola dereita, mentras Borja Valle ocupaba a banda esquerda e Javi xogaba como mediapunta polo centro.

Esta liña de tres non tardou en ser modificada, como ante o Compostela. O Celta B dominaba o partido nestes primeiros minutos. A súa forte presión sobre o Ourense facia que o balón enseguida acabara nos seus dominios, rondando a área ourensanista aínda que tan só cunha ocasión clara tras un chut de Añón que Pato desviou a córner.

Nestes primeiros intres o Celta B podía co Ourense a base de presión e
superioridade na zona central con Borja Domínguez, Borja Fernández e Yelko (que intentaba organizar o xogo movéndose arriba e abaixo) aos que se sumaban os extremos cando se metían polo centro deixando as bandas a uns laterais que xogaban moi arriba.

Ao cuarto de hora Luisito manda a Iker Alegre a banda esquerda, onde mellor se desenvolve, colocaba a Javi Hernández na dereita e situaba a Borja Valle polo centro como segundo dianteiro. Ademáis o equipo deu un paso ao fronte. Adil e Yebra intensificaron a súa marcaxe a Yelko e nos saques de porta presionaban moi arriba para obrigar a Rubén a sacar en longo.

Precisamente tras estos trocos Iker Alegre obrigou a Rubén a realizar unha boa parada desviando a córner un chut do asturiano. O encontro equilibrouse sen que ningún dos dous equipos conseguira impoñerse. Moita pelexa, imprecisións e cero ocasións máis de gol neste período.

SEGUNDO TEMPO, O OURENSE MELLOR

Unha vez que os vermellos domaron o impetu inicial dos celestes tocaba intentar dominar e gañar o partido. Neste inicio do segundo tempo xogábase máis no campo do Celta que do Ourense, aínda que as ocasións de gol seguían ausentes de Barreiro.

No minuto 57 Iker Alegre, o mellor do Ourense, vaise de Kevin que o derruba. O árbitro móstralle o segundo cartón amarelo quedando o Celta cun xogador menos. Todos vimos claro que este era o momento de ir a polo partido.

Os dous técnicos moven ficha. Luisito da entrada ao dianteiro Gustavo Souto, debuta na liga, por un apático Javi Hernández e David de Dios cambia un extremo por outro (Aitor por Fernán) e retira ao mediapunta Yelko dando entrada ao central David Goldar, que ao final foi a clave do partido.

O Ourense pasa a xogar cun 4-4-2 con dous dianteiros centros puros, pasando Iker Alegre de novo a banda dereita e Borja Valle a esquerda. No Celta B David Goldar colócase no centro da defensa e Soto desplázase ao lateral dereito.

A pesar de estar cun home menos o Celta B non só non o acusa, senón que mellora. Aplícase en defensa pero non renuncia a atacar cando lle é posible. Mantén tres homes adiantados e incluso o reconvertido Soto sumáse ao ataque pola súa banda agora que Iker Alegre está na outra, xa que Borja Valle non supón excesivo perigo.

A intención de Luisito era gañar o partido pero incomprensiblemente os vermellos perden o control do encontro e o Celta B vive os seus mellores momentos dende o cuarto de hora inicial.

No minuto 72 David Goldar sae co balón controlado dende a súa defensa. Óscar Martínez intenta seguilo pero desiste á altura do medio campo. Nin Yebra nin Adil lle saen ao paso e despois dunha longa carreira de corenta metros abre a banda para que Soto, estaba completamente só, centrara con comodidade dende a liña de fondo para que Borja Iglesias fusilara a Pato, sin que Moisés nin Portela conqueriran cortar o balón. Tremendo mazazo para o Ourense.

Luisito reacciona a desesperada dando entrada a Xaime Noguerol por Portela. Defensa de tres, dos mediocentros, dous extremos, Xaime de mediapunta e dous dianteiros centros. Ataque total.

O Ourense tivo uns 20 minutos (desconto incluído) para intentar o empate. Pero nese intervalo de tempo tan só creou dúas ocasións claras de gol. Un centro de Iker Alegre ao que non chegaron por milímetros nin Óscar nin Gustavo, e un disparo do propio Iker Alegre que saliu alto ao precipitarse á hora de golpear cuando estaba totalmente só.

Os xogadores vermellos non souperon manexar a ansiedade por lograr o empate. O equipo partiuse por completo. Borja Valle, Óscar, Gustavo, Noguerol e Iker Alegre fixeron unha liña de cinco atacantes sen que ningún deles (ese debía de ser Noguerol) intentara conectar con Adil e Yebra. De feito as dúas liñas do equipo estaban separadas por uns 20 ou 30 metros o que falicitaba enormemente a laboura defensiva do Celta B.

Outro lastre que arrastrou o Ourense neste tramo final foron os continuos foras de xogo en que caían Óscar Martínez (algún moi dudoso) e, sobre todo, Gustavo Souto que arruinou moitas xogadas de ataque por vivir continuamente por detrás da liña defensiva dos celestes.

Quizais o resultado máis xusto sería un empate. Pero o Ourense foi penalizado por no saber xogar contra dez e caer na precipitación no tramo final do encontro.

FICHA TÉCNICA

Rubén Blanco, Kevin, Maceira, Soto, Antón de Vicente, Borja Fernández (Javi Rey, min. 46), Fernán (Aitor. min. 60), Borja Domínguez, Borja Iglesias, Yelko Pino (Goldar, min. 61) e Añón.

CD Ourense:Pato, Josu, Pinillos, Moisés, Portela (Xaime Noguerol, min. 78), Borja Yebra, Iker Alegre, Adil, Óscar Martínez, Javi Hernández (Gustavo Souto, min. 60) e Borja Valle.

Goles:1-0, min. 72: Borja Iglesias.

Árbitro:De la Fuente Ramos (Castilla-León). Vermella por doble amarela a Kevin no minuto 57. Amarelas para Rubén Blanco, Soto, Maceira, Antón de Vicente e Borja Domínguez polo Celta B; Portela polo Ourense.

No hay comentarios:

Publicar un comentario