Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta david de dios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta david de dios. Mostrar todas las entradas

2 sept 2013

Derrota ante un Celta B con dez


Foto: celtavigo.net (Marta Grande)

Cando máis optimistas éramos os ourensanistas chegou a derrota. Trala expulsión do lateral dereito, Kevin, do Celta B ao pouco de comezar o segundo tempo semellaba que a victoria de C.D.Ourense era máis factible que nunca. Sen embargo todo saiu ao revés e o que se levou o triunfo foi o filial celeste. O vello dito de Helenio Herrera “xógase mellor con dez que con once” fíxose realidade unha vez máis.

DE SAÍDA O CELTA B MELLOR

Luisito dispuxo o mesmo once que gañou ao Compostela co único troco de Borja Valle por Xaime Noguerol. En portería Pato; en defensa Josu, Moisés, Portela e Pinillos; no medio Yebra e Adil; Iker Alegre, Javi Hernández e Borja Valle por diante deles e Óscar Martínez en punta. Novamente Iker Alegre comezou pola dereita, mentras Borja Valle ocupaba a banda esquerda e Javi xogaba como mediapunta polo centro.

Esta liña de tres non tardou en ser modificada, como ante o Compostela. O Celta B dominaba o partido nestes primeiros minutos. A súa forte presión sobre o Ourense facia que o balón enseguida acabara nos seus dominios, rondando a área ourensanista aínda que tan só cunha ocasión clara tras un chut de Añón que Pato desviou a córner.

Nestes primeiros intres o Celta B podía co Ourense a base de presión e
superioridade na zona central con Borja Domínguez, Borja Fernández e Yelko (que intentaba organizar o xogo movéndose arriba e abaixo) aos que se sumaban os extremos cando se metían polo centro deixando as bandas a uns laterais que xogaban moi arriba.

Ao cuarto de hora Luisito manda a Iker Alegre a banda esquerda, onde mellor se desenvolve, colocaba a Javi Hernández na dereita e situaba a Borja Valle polo centro como segundo dianteiro. Ademáis o equipo deu un paso ao fronte. Adil e Yebra intensificaron a súa marcaxe a Yelko e nos saques de porta presionaban moi arriba para obrigar a Rubén a sacar en longo.

Precisamente tras estos trocos Iker Alegre obrigou a Rubén a realizar unha boa parada desviando a córner un chut do asturiano. O encontro equilibrouse sen que ningún dos dous equipos conseguira impoñerse. Moita pelexa, imprecisións e cero ocasións máis de gol neste período.