![]() |
| Foto: celtavigo.net (Marta Grande) |
DE SAÍDA O CELTA B MELLOR
Luisito dispuxo o mesmo once que gañou ao Compostela co
único troco de Borja Valle por Xaime Noguerol. En portería Pato; en defensa
Josu, Moisés, Portela e Pinillos; no medio Yebra e Adil; Iker Alegre, Javi
Hernández e Borja Valle por diante deles e Óscar Martínez en punta. Novamente
Iker Alegre comezou pola dereita, mentras Borja Valle ocupaba a banda esquerda
e Javi xogaba como mediapunta polo centro.
Esta liña de tres non tardou en ser modificada, como ante o
Compostela. O Celta B dominaba o partido nestes primeiros minutos. A súa forte
presión sobre o Ourense facia que o balón enseguida acabara nos seus dominios,
rondando a área ourensanista aínda que tan só cunha ocasión clara tras un chut
de Añón que Pato desviou a córner.
Nestes primeiros intres o Celta B podía co Ourense a base de
presión e
superioridade na zona central con Borja Domínguez, Borja Fernández e Yelko (que intentaba organizar o xogo movéndose arriba e abaixo) aos que se sumaban os extremos cando se metían polo centro deixando as bandas a uns laterais que xogaban moi arriba.
superioridade na zona central con Borja Domínguez, Borja Fernández e Yelko (que intentaba organizar o xogo movéndose arriba e abaixo) aos que se sumaban os extremos cando se metían polo centro deixando as bandas a uns laterais que xogaban moi arriba.
Ao cuarto de hora Luisito manda a Iker Alegre a banda esquerda,
onde mellor se desenvolve, colocaba a Javi Hernández na dereita e situaba a
Borja Valle polo centro como segundo dianteiro. Ademáis o equipo deu un paso ao
fronte. Adil e Yebra intensificaron a súa marcaxe a Yelko e nos saques de porta
presionaban moi arriba para obrigar a Rubén a sacar en longo.
Precisamente tras estos trocos Iker Alegre obrigou a Rubén a realizar unha boa parada desviando a córner un chut do asturiano. O encontro equilibrouse sen que ningún dos dous equipos conseguira impoñerse. Moita pelexa, imprecisións e cero ocasións máis de gol neste período.




