Voltando ao caso do Celta B, dicir que o filial celeste aséntase sobre as cinzas do histórico Turista da parroquía viguesa de Lavadores, parroquia que foi concello independente ata 1941 cuando foi absorbido pola dinámica e crecente cidade de Vigo.
O Turista Sport
Club fundouse no ano 1927, só catro anos antes nacera na veciña Vigo o Real
Club Celta despois da fusión entre o Vigo Sporting e o Fortuna. O Turista naceu
dunha escisión do Gran Peña, club tamén de Lavadores, que fora fundado un ano
antes e que arestora milita en Primera Autonómica.
