Páginas

30 ago 2013

Celta B, xuventude e calidade


O Celta B comezou gañando en Logroño

O filial celtiña é un recén ascendido que sufriu moitos trocos este verán. O entrenador do ascenso, o ex celtico i ex ourensanista “Pichi” Lucas, non foi renovado. O seu posto foi ocupado por David de Dios, un xove técnico de tan só 32 anos. David de Dios entrenou a tempada pasada ao Celta xuvenil da División de Honra, equipo que foi subcampeón da Copa de Campeóns tras caer derrotado na final co Sevilla.

Xunto con David de Dios son moitos os xogadores do equipo xuvenil que chegan ao Celta B. Un equipo moi xove pero con moitísima calidade. No Celta teñen postas moitas ilusións neste grupo de xogadores, aos que se lle augura un futuro moi próspero.

O primeiro golpe de efecto dérono no debú ligueiro ao derrotar nas Gaunas a U.D.Logroñés por 0-2. O Celta B realizou un gran partido deixando en evidencia a un Logroñés que en ningún momento puido cos xoves xogadores celestes. Ademáis os vigueses acudiron a Logroño sen o defensa central David Costas e o medicentro Javi Rey, convocados por Luís Enrique co primeiro equipo.

Na pretempada Ourense e Celta B coincidiron no triangular Praíña, trofeo que conquistaron es vermellos. O partido entre ambos, de tan só 45 minutos, finalizou con empate sen goles.

Rubén Blanco
Moitos son os xogadores de calidade da escuadra viguesa. Na portería destaca Rubén Blanco (18 anos), campeón de Europa coa selección española sub-19 e un dos artífices da salvación do Celta a tempada pasada coas súas paradas, cando tivo que xogar na recta final da liga debido ás lesións de Javi Varas e Sergio Álvarez.

Na zaga pon a veteranía o capitán Antón de Vicente (23 anos), un xogador que xa foi convocado co primeiro equipo a tempada pasada. Antón ten que ser o contrapeso a tanta xuventude que o rodea. Polo súa banda David Costas (18 anos) é un dos xogadores de máis futuro. Foi convocado co primeiro equipo nas dúas xornadas de liga, debutando no partido ante o Betis a xornada pasada.

Completan a liña defensiva os laterais Kevin e Diego Maceira, outro dos veteranos con 23 anos, e o central David Soto, co prometedor lateral esquerdo Samu Araújo (17 anos) esperando a súa oportunidade.

Javi Rey
Para o medio do campo ficharon a Javi Rey (22 anos) procedente do Lugo, onde foi unha peza clave na boa campaña realizada polo equipo de Quique Setién. A semana pasada non xogou co Celta B ao ser convocado co primeiro equipo. Na súa ausencia Borja Domínguez (21 anos) e Borja Fernández (18 anos) son os encargados de manexar ao equipo no centro do campo.

Outro home a seguir de preto e o xovencísimo media punta Yelko Pino (16 anos). Internacional nas categorías inferiores da selección española ten un gran talento que o converte nunha das grandes promesas deste Celta B. En Logroño deu as dúas asistencias de gol.

Santi Mina
Xa no ataque o home a seguir e Santi Mina (17 anos). Outra xoia da canteira viguesa que xa debutou co primeiro equipo a tempada pasada en Xetafe. Internacional sub-18 e sub-19 pode xogar en calquera posición do ataque. En Logroño xa demostrou a súa calidade cun golazo que abriu o marcador. Outro xogador destacado, e que pon algo de veteranía neste grupo, é o extremo David Añón (24 anos), autor do segundo gol nas Gaunas.

E por si fora pouco ficharon ao dianteiro Borja Iglesias (20 anos) procedente do Villarreal C. No equipo xuvenil da División de Honra dos amarelos anotou 32 goles nunha tempada.

Como vemos trátase dun equipo dunha enorme calidade que pode ter algúns problemas mentras non se aclimaten á categoría, aínda que en Logroño nada de iso se notou.


ANTECEDENTES

Sete veces se enfrontaron en Barreiro estos dous equipos, para min o Celta B comeza a existir en 1995 tras ser absorbido polo Celta o Celta Turista. Dende aquela coincidiron sete tempadas, todas elas en Segunda B cun balance moi igualado de dúas victorias celestes, catro empates y un triunfo vermello.

TEMPADA
CATEGORÍA
RESULTADO
GOLES
2001-02
2ª B
0-0

2002-03
2ª B
0-0

2003-04
2ª B
2-3
Campos (2) – Durán (2), Carlos
2004-05
2ª B
2-2
Edgar, Richi – Fran Nogueira (2)
2005-06
2ª B
2-2
Richi, Quintairos – Sueiro, Manuel Ángel
2006-07
2ª B
2-0
Marcos Rodríguez, Dani Abalo
2007-08
2ª B
1-0
Michu


Destos enfrontamentos destacar o triunfo de C.D.Ourense da tempada 2003-04. Os vermellos chegaban á derradeira xornada de liga na cuarta posición, que permitiía xogar a fase de ascenso a 2ª división, mentras que o Celta B xa estaba clasificado para a mesma.

O Ourense necesitaba gañar para asegurar a promoción. Dende a Cidade das Burgas desplazáronse uns 1.500 afeccionados seguros de lograr a victoria ante un equipo que non se xogaba nada.

Todo ía sobre rodas cos dous goles de Ruben Durán. Sen embargo os vermellos vían como o Celta B remontaba o 0-2. O empate non lle valía ao Ourense ante a victoria do Recreación de Logroño. Co Ourense e os seus xiareiros totalmente desconcertados ante o empuxe vigués do segundo tempo chegou unha postreira reacción. Con todo perdido os vermellos volcáronse sobre a portería celeste. No tempo de desconto Carlos consigue rematar de cabeza un balón colgado na área anotando o gol do triunfo. Invasión de campo dos eufóricos seguidores vermellos e clasificación para a última promoción de ascenso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario