Páginas

1 ago 2013

Do Salamanca Athletic e outros enxendros

Os afeccionados despiden a Unión Deportiva Salamanca


O panorama do fútbol español é desolador. Os clubes deben cantidades inxentes de cartos sin que exista un control das súas economías por parte da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) e da Liga de Fútbol Profesional (LFP). Clubes en concurso de acreedores (hai que ver o uso e abuso desta figura) fichan xogadores desviertuando as competicións, por non falar das sospeitas de amaños de partidos que o novo presidente da LPF, Javier Tebas, di que vai investigar ata as últimas consecuencias, pero que aínda non pasan de conxeturas e rumores sen que aínda lle meteran o dente a fondo, e que dubido que o fagan.

Ademáis de todo isto, vemos como non están feitos os grupos de Segunda B nin o calendario. Pero é que aínda non se sabe que clubes van a disputala. Onte salvouse o Deportivo da Coruña de descender a Segunda B, antonte o Mirandés, quedando pendente para o venres o caso do Alcorcón, mentras que o Xerez descendeu a Terceira división por ter débedas cos seus xogadores no día de onte. Todo isto a 1 de agosto. Penoso.

Ademáis de todo isto, no colmo dos colmos, temos que aturar como un enxendro futbolístico chamado Salamanca Athletic, club nado das cinzas da histórica Unión Deportiva Salamanca, foi autorizado polo poder xudicial a xogar na categoría do equipo ao que suplanta. Algo que a miña mente non consigue entender nen asimilar. Na miña opinión, se un equipo desaparece ou “é liquidado”, o clube suplantador non debería ser admitido na mesma categoría. Se ademáis o novo clube é fundado pola mesma persoa que liquidou o anterior (deixando de pagar moita da débeda acumulada) a bulra xa é total. A outros, como é o caso de C.D.Ourense, custounos moito esforzo deportivo, seguir pagando as débedas, voltar á categoría perdida, mentras que outros enxendros xa comezan liberados de cargas na mesma categoría. Lamentable aínda que o diga unha xuiza. Algo erra.

Xa a tempada pasada se permitiu algo similar co Lleida Esportiu, que suplantou á histórica Unió Esportiva Lleida, clube que chegou a xogar en Primeira división. O enxendro ilerdense conseguiu meterse na fase de ascenso a Segunda A, aínda que non acadou o salto de categoría. Quizais ao estar libre de débedas tívoo máis doado que os seus rivais.

Como amante do fútbol, considérome un romántico do mesmo, estou totalmente en contra da compra de prazas, creación de enxendros para suplantar ao auténtico clube e demáis chanchullos que últimamente estamos a sufrir no mundo do fútbol. Pola miña banda deséxolle a mesma sorte ao Salamanca Athletic que a do extinto Granada 74 (antes Cidade de Murcia) creado para sustituir ao Granada C.F. (agora en Primeira división) e xa desaparecido, ou ao Astur, agora en categoría rexional, cando quixeron convertilo no sustituto do Real Oviedo (agora en Segunda B). Nestes casos os afeccionados apoiaron sen reservas ao seu clube de sempre, logrando salvalo da desaparición e condeando ao enxendro.

En Salamanca non puido ser e os afeccionados de toda a vida do clube castelán viron como o empresario Juan José Hidalgo acabou dun plumazo con 90 anos de historia sin inmutarse. Agora invéntase o Salamanca Athletic coa intención de seguir figurando e vendéndose como “salvador” á cidade de Salamanca. Está por ver a reacción dos siareiros salmantinos ante “O enxendro de Hidalgo”, pero penso que os verdadeiros siareiros unionistas non están pola labor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario