Páginas

21 ago 2013

A S.D. Compostela no Couto, un pouco de historia



Este domingo arranca a Liga co partido entre Club Deportivo Ourense e Sociedade Deportiva Compostela. Dos históricos do fútbol galego, ¿ou non?

Porque a historia desta S.D.Compostela pódese considerar dende dous puntos de vista. Por así decilo ten dúas versións:

Versión curta: A actual Sociedade Deportiva Compostela fundouse no ano 2004 como Sociedad Deportiva Campus Stellae. A fundación desta nova sociedade debeuse a que a Sociedade Deportiva Compostela SAD atravesaba gravísimos problemas económicos que remataron coa liquidación definitiva da SAD no ano 2006. A S.D. Campus Stellae crease para convertirla na súa sucesora. Compra os dereitos deportivos do club en liquidación e toma a súa xestión, competindo na tempada 2006-07 en Preferente.

Este novo clube tivo que loitar coa S.D. Cidade de Santiago e co Santiago de Compostela C.F. pola supremacía dun convulso panorama futbolístico na Cidade do Apostolo. O apoio dos afeccionados da extinta S.D.Compostela á S.D. Campus Stellae foi clave para que se erexira na súa sucesora.

Co polémico Caneda ao frente a nova sociedade ascende a Segunda B na tempada 2008-09 pero novamente os problemas económicos e os impagos, a pesares de que a sociedade naceu sen débedas, levan ao clube á Preferente na tempada 2010-2011. A finais de 2010 Caneda deixa definitivamente o Compostela e unha nova directiva comandada polo actual presidente, Antonio Quinteiro, faise co club. Despois de sanealo económicamente logran dous ascensos consecutivos que levan ao clube a Segunda B.

Versión longa: Esta é a elexida polos que ven na actual S.D.Compostela unha continuación da extinta e histórica sociedade. Consideran que a S.D.Compostela refundouse ao mercar os seus dereitos a S.D.Campus Stellae. Coa merca do nome comercial “Sociedade Deportiva Compostela” o Campus Stellae pode competir co nome histórico do clube fundado en 1962.

Un clube que nunca conseguira pasar da Segunda B ata que Xosé Mª Caneda entrou en acción no ano 1990. Con Fernando Castro Santos na dirección técnica o clube iniciou a súa época dourada co ascenso a 2ª división na tempada 1990-91 e a 1ª división na 1993-94, na épica eliminatoria ante o Raio Vallecano que se resolveu cun partido de desempate en Oviedo. Un encontro que finalizou con 3-1 para os santiagueses e o ascenso á 1ª división. Os bos tempos remataron co descenso na campaña 1997-98. Despois, os graves problemas económicos acabaron coa disolución da sociedade.

Se consideramos a S.D.Compostela na súa versión curta tan só temos un antecedente de enfrontamentes entre os dous clubes no Couto. Foi na tempada 2008-09 en 3ª división. O resultado final foi de empate sin goles nunha tempada na que o Compostela quedou campión e ascendeu a Segunda B, mentras que C.D.Ourense finalizou en terceira posición, caendo na última eliminatoria da fase de ascenso ante o Caravaca.

Pero si consideramos ao actual Compostela como sucesor da extinta S.D.Compostela temos ata 13 enfrontamentos no Couto entre ámbolos dous clubes, repartidos entre 2ª división, 2ª B e 3ª división. O balance é francamente favorable aos vermellos que venceron en nove ocasións, empataron en dúas e foron derrotados noutras dúas. Deses enfrontamentos catro tiveron lugar en 2ª B, con catro triunfos vermellos.

UN PARTIDO PARA A HISTORIA: Ourense, 2 – Compostela, 0 (18-05-1969)

A rivalidade fronte ao Compostela nunca chegou á altura da que C.D.Ourense mantivo co Turista nos anos 50, ou Lugo e Pontevedra, os nosos grandes rivais galegos. Sen embargo, nos anos 60 si houbo algunha tempada na que os dous clubes pelexaron polo título na 3ª división, como foi na mítica tempada 67-68 (a dos 30 partidos, 30 victorias dos vermellos) na que o Compostela rematou en segunda posición con tan só as dúas derrotas que lle endosou C.D.Ourense, ou na seguinte campaña, onde o título tamén acabou nas vitrinas de C.D.Ourense.

Foi precisamente nesa tempada onde se xogou o partido entre os dous clubes que, históricamente, ten máis valor para C.D.Ourense. Compostela e Ourense quedaron encadrados nun grupo de 3ª división formado por equipos galegos e asturianos na súa totalidade. Ourense, Compostela, Langreo e Ensidesa loitaron polo primeiro posto, que daba acceso a xogar unha eliminatoria contra outro campión de 3ª división para ascender á 2ª división.

Os bermellos demostraron a súa superioridade dende o principio, de feito tan só perderon dous partidos dos 38 disputados (un deles xa sendo campións), chegando a xornada 35 coa posibilidade de facerse co título de forma matemática se vencían no Couto ao Compostela, que era o segundo clasificado a seis puntos dos vermellos con só oito por disputarse.

A directiva sinalou este partido como medio día do club, rexistrando o campo do Couto unha gran entrada. Fernando Bouso, entrenador do Ourense, no pudo contar para este partido con Pataco, o mellor xogador do equipo, alineando a Roca; Varela, Astigarraga, Paredes; Ángel, Pito; García, Pérez Oliva, Carballeda, Baby e Túnez. Polo Compostela xogaron: José Luís; Paz, Falo, Miguel; Bertúa, Pucho; Novo, Chancho, Chiqui, Fito e Garrincha.

Os locais notan a baixa de Pataco, e o primeiro tempo é de dominio visitante, salvando Roca un par de goles con dúas boas intervencións. Na segunda metade melloran os ourensanistas, que demostraron o porqué do seu liderato. Dous goles do extremo esquerdo Túnez nos minutos 14 e 18, o segundo magnífico, levaron a festa ás gradas do Couto, ao lograr o equipo un novo campionato de 3ª división.

Na promoción, C.D.Ourense conseguiu o ascenso a 2ª división ao derrotar ao Bilbao Athlétic, campión do grupo segundo, volvendo os vermellos a categoría de prata do fútbol español. O Compostela finalizou en terceira posición ao ser superado nas xornadas finais polo Langreo.

TODOS OS ENFRONTAMENTOS NO COUTO:

TEMPADA
CATEGORÍA
RESULTADO
GOLES
1965-66
3ª división
3-1
Leardi, Wilson Jones (2); Fito
1966-67
3ª división
2-0
Cortés, Seara
1967-68
3ª división
2-1
Pataco, Seara; Pucho
1968-69
3ª división
2-0
Túnez (2)
1971-72
3ª división
1-1
Varela Pérez; ????
1972-73
3ª división
0-1
Novo
1976-77
3ª división
3-1
Saa, Somaza, Blanch; ?????
1977-78
2ª B
2-0
Somaza, Juan Luís
1985-86
2ª B
2-0
Toñito, Quecho
1990-91
2ª B
2-1
Rodríguez, Tortosa; Moure
1998-99
2ª división
0-2
Prieto (2)
2001-02
2ª B
2-1
Nacho García (2); Mino
2008-09
3ª división
0-0

No hay comentarios:

Publicar un comentario