![]() |
| Foto oficial da S.D.Compostela 2013-14 - Web oficial do club |
Os santiagueses conqueriron a tempada pasada o seu segundo
ascenso consecutivo, que os levou de forma meteórica de Preferente a Segunda B.
Agora toca asentarse na categoría de bronce do fútbol español, para en próximas
tempadas tentar volver ao fútbol profesional.
Para elo
apostaron pola continuidade do proxecto. Mantense no banco o adestrador do ascenso, o moañés Fredi, e tamén a maioría dos xogadores
que lograron levar ao Compos á 2ª B, incluído o seu buque insignia, o dianteiro
Joselu. Para completar o cadro de
xogadores ficharon nove xogadores, varios
deles moi xoves pero a maioría con experiencia en Segunda B.

