Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta sd compostela. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sd compostela. Mostrar todas las entradas

24 ago 2013

Previa Ourense – Compostela: baixas e dúbidas nos dous equipos

Foto: web oficial C.D.Ourense


Vermellos e branquiazuis afrontan o primeiro partido da tempada ligueira con baixas e dúbidas nas súas alineacións. A zona defensiva é a máis afectada nos dous equipos, aínda que no Ourense tamén o medio do campo e a dianteira presentan baixas para o debú ligueiro.

O Compostela, que por certo acaba de incorporar a proba a Victor Calatrava (lateral esquerdo de 20 anos procedente do Villanovense da 3ª división extremeña), ten tres baixas en defensa: o lateral dereito Borja Facal e os centrais Jorge Rodríguez e Catú. Xa que logo o seu adestrador Fredi tan só conta con catro defensas para visitar O Couto: o lateral dereito Jesús Varela, os centrais Germán e Castiñeiras e o lateral esquerdo Jimmy. O problema e que Germán acaba de salir dunha lesión e leva moi poucos días adestrando, polo que a súa participación dende o inicio pode ser moi precipitada. Se o central ourensán non xoga Fredi tería que retrasar a algún medio á posición de central. O resto de xogadores están dispoñibles agás o medio dereito Jacobo e coa dúbida do extremo Yahvé, aínda que as últimas informacións apuntan a que xogará en Ourense.

22 ago 2013

S.D.Compostela, un recén ascendido que busca consolidarse

Foto oficial da S.D.Compostela 2013-14 - Web oficial do club


Os santiagueses conqueriron a tempada pasada o seu segundo ascenso consecutivo, que os levou de forma meteórica de Preferente a Segunda B. Agora toca asentarse na categoría de bronce do fútbol español, para en próximas tempadas tentar volver ao fútbol profesional.

Para elo apostaron pola continuidade do proxecto. Mantense no banco o adestrador do ascenso, o moañés Fredi, e tamén a maioría dos xogadores que lograron levar ao Compos á 2ª B, incluído o seu buque insignia, o dianteiro Joselu. Para completar o cadro de xogadores ficharon nove xogadores, varios deles moi xoves pero a maioría con experiencia en Segunda B.

21 ago 2013

A S.D. Compostela no Couto, un pouco de historia



Este domingo arranca a Liga co partido entre Club Deportivo Ourense e Sociedade Deportiva Compostela. Dos históricos do fútbol galego, ¿ou non?

Porque a historia desta S.D.Compostela pódese considerar dende dous puntos de vista. Por así decilo ten dúas versións:

Versión curta: A actual Sociedade Deportiva Compostela fundouse no ano 2004 como Sociedad Deportiva Campus Stellae. A fundación desta nova sociedade debeuse a que a Sociedade Deportiva Compostela SAD atravesaba gravísimos problemas económicos que remataron coa liquidación definitiva da SAD no ano 2006. A S.D. Campus Stellae crease para convertirla na súa sucesora. Compra os dereitos deportivos do club en liquidación e toma a súa xestión, competindo na tempada 2006-07 en Preferente.

Este novo clube tivo que loitar coa S.D. Cidade de Santiago e co Santiago de Compostela C.F. pola supremacía dun convulso panorama futbolístico na Cidade do Apostolo. O apoio dos afeccionados da extinta S.D.Compostela á S.D. Campus Stellae foi clave para que se erexira na súa sucesora.