Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta xornada 1. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xornada 1. Mostrar todas las entradas

27 ago 2013

Resumen da xornada

O Oviedo amosa o seu poderío en Burgos. Foto: Futbolasturiano.com


NOJA, 2 – SPORTING B, 1

O equipo cántabro, que a piques estivo de descender por débedas este verán, completou un cadro de xogadores de gran calidade, como é o caso de Xavi Moré ou Iván Zarandona. No seu estreo na categoría gañáronlle ao filial do Sporting a pesares de xogar todo o segundo tempo cun home menos. A Caseta non será un campo doado para ningún equipo.

1-0   (15´) Iván Zarandona; 2-0 (52´) Riki; 2-1 (88´) Castro

CORUXO, 3 – S.D.LOGROÑÉS, 2

O Coruxo segue tendo un fortín no Vao. Nun partido moi disputado e con moitas alternativas logrou vencer a unha S.D.Logroñés que amosou un xogo moi físico e directo. Un gol do eterno Antúnez no minuto 88 deulle tres puntos ao seu equipo. Un comezo de temporada ilusionante para un Coruxo que non se marca metas.

1-0   (19´) Chaco; 1-1 (52´) Iñaki; 2-1 (69´) Centrón; 2-2 (79´) Olavarrieta; 3-2 (88´) Antúnez

26 ago 2013

Sufrida victoria de C.D.Ourense ante un bo Compostela


Foto: Vavel

Comezou a liga en Segunda B cun partido de rivalidade que se decantou de parte de Club Deportivo Ourense por 1-0 (Iker Alegre, 21’) nun partido moi intenso e pelexado sobre un terreo de xogo infame. Preto de 2.000 persoas presenciaron o partido con una ruidosa presenza de afeccionados santiagueses que non pararon de animar ao seu equipo.

O COMEZO

Luisito alineou de saída a Pato na portería; Josu, Moisés (recuperado das súas molestias), Portela e Pinillos na defensa; Borja Yebra como pivote defensivo; Iker Alegre, Adil, Javi Hérnandez e Xaime Noguerol por diante e con Óscar Martínez en punta. Finalmente Josu e Moisés puideron xogar en defensa, e nas bandas apostou por Iker Alegre pola dereita e Noguerol pola esquerda, deixando a Javi Hernández como medio máis ofensivo ao carón de Adil.  

Pola súa banda Fredi dispuxo un once composto por Adrián en portería; Jesús Varela, Castiñeiras, Santi Taboada e Jimmy na defensa; Jordan, Gonzalo, Manu Rodríguez e Óscar Fondevila na medular e Joselu acompañado por Nacho na dianteira. Fredi deixou a Germán no banco (acaba de saír dunha lesión) e apostou polo medio Taboada como central. Con Yahvé renqueante no banco e Diego Rey lesionado apostou por Óscar Fondevila na esquerda e decidiu xogar con dous homes en punta: Joselu e Nacho Fernández.

Comezou impoñendo o seu ritmo o Compostela. Os seus dous mediocentros (Gonzalo e Manu Rodríguez) gañábanlle a partida os ourensanistas e Jordan creaba perigo pola banda dereita. A boa nova para os ourensanistas e que Joselu estaba ben controlado polos centrais locais e a banda esquerda dos branquiazuis apenas entraba en xogo.

22 ago 2013

S.D.Compostela, un recén ascendido que busca consolidarse

Foto oficial da S.D.Compostela 2013-14 - Web oficial do club


Os santiagueses conqueriron a tempada pasada o seu segundo ascenso consecutivo, que os levou de forma meteórica de Preferente a Segunda B. Agora toca asentarse na categoría de bronce do fútbol español, para en próximas tempadas tentar volver ao fútbol profesional.

Para elo apostaron pola continuidade do proxecto. Mantense no banco o adestrador do ascenso, o moañés Fredi, e tamén a maioría dos xogadores que lograron levar ao Compos á 2ª B, incluído o seu buque insignia, o dianteiro Joselu. Para completar o cadro de xogadores ficharon nove xogadores, varios deles moi xoves pero a maioría con experiencia en Segunda B.