Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta coruxo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta coruxo. Mostrar todas las entradas

18 feb 2014

Goleadas no Couto


O equipo da tempada 58-59 non se cansaba de golear


A goleada que C.D.Ourense lle endosou ao C.D.Alcalá o mércores pasado no partido de volta dos cuartos de final da Copa Federación non é, nin moito menos, unha das máis grandes que disfrutou O Couto. O 6-1 quédase curto ante outras malleiras que C.D.Ourense lle endosou a outros visitantes do noso estadio. Nin tan siquera consigue entrar entre as 20 primeiras. Repasemos as cinco maiores, para non estendernos demasiado.

1ª.- CDOU, 12 – Xuvenil de Ponteareas, 0 (tempada 58-59)

A maior goleada tivo lugar o 05-10-1958, na terceira xornada de liga dunha 3ª división integrada por 16 clubes, todos galegos. Os vermellos ansiaban o ascenso a 2ª división, sendo uns dos máximos favoritos ao título. Sen embargo as cousas non comezaron ben, sendo derrotados na segunda xornada en Ordes por 2-1. A afición non recibiu demasiado ben aos xogadores locais e estos reaccionaron facéndolle pagar os pratos rotos ao Xuvenil de Ponteareas, equipo que xa ocupaba o derradeiro posto da táboa e que non abandonaría ata o final da liga. 

O primeiro tempo xa rematou con 7-0, nun partido que foi totalmente dominado polos locais, que buscaron con esta goleada recuperar a confianza dos siareiros e a súa mesma. A verdade é que así foi e o equipo proclamouse campión de liga e logrou o ascenso á 2ª división por primeira vez na historia. Os vermellos conqueriron esta tempada 109 goles en 30 partidos.

Os goleadores foron: Ferradás (3), José Luís (3), Gonzalo (2), Malet (2) e Rivera (2).

27 ago 2013

Resumen da xornada

O Oviedo amosa o seu poderío en Burgos. Foto: Futbolasturiano.com


NOJA, 2 – SPORTING B, 1

O equipo cántabro, que a piques estivo de descender por débedas este verán, completou un cadro de xogadores de gran calidade, como é o caso de Xavi Moré ou Iván Zarandona. No seu estreo na categoría gañáronlle ao filial do Sporting a pesares de xogar todo o segundo tempo cun home menos. A Caseta non será un campo doado para ningún equipo.

1-0   (15´) Iván Zarandona; 2-0 (52´) Riki; 2-1 (88´) Castro

CORUXO, 3 – S.D.LOGROÑÉS, 2

O Coruxo segue tendo un fortín no Vao. Nun partido moi disputado e con moitas alternativas logrou vencer a unha S.D.Logroñés que amosou un xogo moi físico e directo. Un gol do eterno Antúnez no minuto 88 deulle tres puntos ao seu equipo. Un comezo de temporada ilusionante para un Coruxo que non se marca metas.

1-0   (19´) Chaco; 1-1 (52´) Iñaki; 2-1 (69´) Centrón; 2-2 (79´) Olavarrieta; 3-2 (88´) Antúnez

8 ago 2013

O grupo de Club Deportivo Ourense



A tan só dúas semanas do comezo da Liga en Segunda B, ao fin coñecemos que equipos acompañarán a C.D. Ourense no seu grupo. Estará formado polos equipos galegos  (Celta B, Compostela, Coruxo, Rácing de Ferrol e C.D.Ourense), asturianos (Avilés, Caudal, Marino, Oviedo e Sporting B), casteláns-leoneses (Burgos, Cultural Leonesa, Guijuelo, Salamanca Athletic e Zamora), cántabros (Noja, Rácing de Santander e Tropezón) e rioxanos (U.D. Logroñés e S.D. Logroñés).

Un grupo que a min gústame. Ademáis da rivalidade cos outro catro equipo galegos, temos clubes históricos como o Oviedo, Rácing de Santander ou Cultural Leonesa, ademáis doutros representativos de grandes cidades como Avilés, Burgos, Salamanca ou Logroño, o que nos deixa un grupo moi atractivo dende o punto de vista deportivo. Un grupo que coido será moi aberto tanto por arriba como por abaixo debido a igualdade que se presume.

Ao longo da tempada iremos analisando máis polo miúdo os distintos rivais de C.D.Ourense, agora imos ofrecer un pequeno avance sobre estes rivais:

CELTA B: O filial celtiña ascendou a tempada pasada tras rematar segundo na fase regular. Como tódolos los filiais son unha incógnita. C.D.Ourense xogou un amigable (só un tempo de 45 minutos) ante o filial celeste no Torneo Praíña que finalizou con empate sen goles. O lóxico é que loite por salvar a categoría.