![]() |
| O equipo da tempada 58-59 non se cansaba de golear |
A goleada que
C.D.Ourense lle endosou ao C.D.Alcalá o mércores pasado no partido de volta dos
cuartos de final da Copa Federación non é, nin moito menos, unha das máis
grandes que disfrutou O Couto. O 6-1 quédase curto ante outras malleiras que
C.D.Ourense lle endosou a outros visitantes do noso estadio. Nin tan siquera
consigue entrar entre as 20 primeiras. Repasemos as cinco maiores, para non
estendernos demasiado.
1ª.- CDOU, 12 – Xuvenil de Ponteareas, 0 (tempada
58-59)
A maior goleada
tivo lugar o 05-10-1958, na terceira xornada de liga dunha 3ª división
integrada por 16 clubes, todos galegos. Os vermellos ansiaban o ascenso a 2ª
división, sendo uns dos máximos favoritos ao título. Sen embargo as cousas non
comezaron ben, sendo derrotados na segunda xornada en Ordes por 2-1. A afición
non recibiu demasiado ben aos xogadores locais e estos reaccionaron facéndolle
pagar os pratos rotos ao Xuvenil de Ponteareas, equipo que xa ocupaba o
derradeiro posto da táboa e que non abandonaría ata o final da liga.
O primeiro tempo
xa rematou con 7-0, nun partido que foi totalmente dominado polos locais, que
buscaron con esta goleada recuperar a confianza dos siareiros e a súa mesma. A
verdade é que así foi e o equipo proclamouse campión de liga e logrou o ascenso
á 2ª división por primeira vez na historia. Os vermellos conqueriron esta
tempada 109 goles en 30 partidos.
Os goleadores
foron: Ferradás (3), José Luís (3), Gonzalo (2), Malet (2) e Rivera (2).


