Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta c.d.ourense. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta c.d.ourense. Mostrar todas las entradas

18 feb 2014

Goleadas no Couto


O equipo da tempada 58-59 non se cansaba de golear


A goleada que C.D.Ourense lle endosou ao C.D.Alcalá o mércores pasado no partido de volta dos cuartos de final da Copa Federación non é, nin moito menos, unha das máis grandes que disfrutou O Couto. O 6-1 quédase curto ante outras malleiras que C.D.Ourense lle endosou a outros visitantes do noso estadio. Nin tan siquera consigue entrar entre as 20 primeiras. Repasemos as cinco maiores, para non estendernos demasiado.

1ª.- CDOU, 12 – Xuvenil de Ponteareas, 0 (tempada 58-59)

A maior goleada tivo lugar o 05-10-1958, na terceira xornada de liga dunha 3ª división integrada por 16 clubes, todos galegos. Os vermellos ansiaban o ascenso a 2ª división, sendo uns dos máximos favoritos ao título. Sen embargo as cousas non comezaron ben, sendo derrotados na segunda xornada en Ordes por 2-1. A afición non recibiu demasiado ben aos xogadores locais e estos reaccionaron facéndolle pagar os pratos rotos ao Xuvenil de Ponteareas, equipo que xa ocupaba o derradeiro posto da táboa e que non abandonaría ata o final da liga. 

O primeiro tempo xa rematou con 7-0, nun partido que foi totalmente dominado polos locais, que buscaron con esta goleada recuperar a confianza dos siareiros e a súa mesma. A verdade é que así foi e o equipo proclamouse campión de liga e logrou o ascenso á 2ª división por primeira vez na historia. Os vermellos conqueriron esta tempada 109 goles en 30 partidos.

Os goleadores foron: Ferradás (3), José Luís (3), Gonzalo (2), Malet (2) e Rivera (2).

20 ago 2013

Fin da pretempada

Javi Hernández máximo goleador da pretempada. Foto: Faro de Vigo - José Lores


Coa disputa do partido entre Lemos e Club Deportivo Ourense este domingo no campo da Pinguela, púxose o punto e final a pretempada dos vermellos. A xeira de amigables rematou cunha nova victoria por 1-3 ante un animoso rival de Preferente. Nos oito amigables disputados,os ourensanistas venceron en cinco deles, empataron dous e perderon tan só o partido de presentación disputado no Couto ante o Sporting de Braga B, equipo da segunda categoría portuguesa, por 1-2.

A realidade é que estes bos resultados déronse ante equipos de categoría inferior a C.D.Ourense, coa excepción do empate logrado ante o Deportivo (0-0) no primeiro partido da pretempada disputado en Monforte. Quizáis botouse en falla enfrontamentos ante equipos da mesma categoría, ou máis potentes da 3ª división, para coñecer o auténtico potencial do noso equipo. Tan só se xogou medio partido contra o Celta B no triangular Praíña e que finalizou con empate sin goles.

29 jul 2013

Os “Guerreiros do Minho” no Couto




Este blog volve á actividade. Despois dun ano de silencio (motivos persoais e profesionais así o obligaron) voltamos para quedarnos. Intentaremos actualizalo o máximo posible dentro das nosas modestas posibilidades. Espero que o disfrutedes. ¡Forza Ourense! 
Voltamos falando do Sporting Clube de Braga, os chamados "Guerreiros do Minho",o noso rival de mañá no Couto a partires das 21,00 horas no partido de presentación. O equipo portugués xogará esta tempada a Europa League despois de acabar en cuarta posición na liga lusa.