Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta gustavo souto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta gustavo souto. Mostrar todas las entradas

20 ago 2013

Fin da pretempada

Javi Hernández máximo goleador da pretempada. Foto: Faro de Vigo - José Lores


Coa disputa do partido entre Lemos e Club Deportivo Ourense este domingo no campo da Pinguela, púxose o punto e final a pretempada dos vermellos. A xeira de amigables rematou cunha nova victoria por 1-3 ante un animoso rival de Preferente. Nos oito amigables disputados,os ourensanistas venceron en cinco deles, empataron dous e perderon tan só o partido de presentación disputado no Couto ante o Sporting de Braga B, equipo da segunda categoría portuguesa, por 1-2.

A realidade é que estes bos resultados déronse ante equipos de categoría inferior a C.D.Ourense, coa excepción do empate logrado ante o Deportivo (0-0) no primeiro partido da pretempada disputado en Monforte. Quizáis botouse en falla enfrontamentos ante equipos da mesma categoría, ou máis potentes da 3ª división, para coñecer o auténtico potencial do noso equipo. Tan só se xogou medio partido contra o Celta B no triangular Praíña e que finalizou con empate sin goles.

7 ago 2013

Gustavo Souto, un trotamundos que regresa a Galicia


O desexado dianteiro xa chegou a C.D.Ourense. Trátase de Gustavo Souto Sampedro, nado o 29 de abril de 1983 en Vigo, con 30 anos ás súas costas. Un home que volta a súa terra despois de percorrer España e lugares tan exóticos como Kazaxistán e Nova Zelanda. Clube Deportivo Ourense será o equipo número 14 na súa traxectoria, o que nos fala dun auténtico trotamundos do fútbol.

O seu último e exitoso destino foi o Auckland City Football Club de Nova Zelanda, onde chegou en xaneiro de 2013. Con este equipo conquistou a Champions League de Oceanía ao vencer na final ao Waitakere United, tamén neozelandés, por 2-1. Gustavo Souto non puido xogar a final ao estar lesionado, pero anotou tres goles nos cinco partidos que disputou nesta competición. Ademáis xogou outros oito partidos, entre Liga e Play-off, anotando catro goles. Souto xogaría este ano o Mundial de Clubes, sen embargo o futuro non estaba claro no club neozelandés e decidiu voltar a casa aceptando a oferta do Ourense.