Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta auckland. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta auckland. Mostrar todas las entradas

7 ago 2013

Gustavo Souto, un trotamundos que regresa a Galicia


O desexado dianteiro xa chegou a C.D.Ourense. Trátase de Gustavo Souto Sampedro, nado o 29 de abril de 1983 en Vigo, con 30 anos ás súas costas. Un home que volta a súa terra despois de percorrer España e lugares tan exóticos como Kazaxistán e Nova Zelanda. Clube Deportivo Ourense será o equipo número 14 na súa traxectoria, o que nos fala dun auténtico trotamundos do fútbol.

O seu último e exitoso destino foi o Auckland City Football Club de Nova Zelanda, onde chegou en xaneiro de 2013. Con este equipo conquistou a Champions League de Oceanía ao vencer na final ao Waitakere United, tamén neozelandés, por 2-1. Gustavo Souto non puido xogar a final ao estar lesionado, pero anotou tres goles nos cinco partidos que disputou nesta competición. Ademáis xogou outros oito partidos, entre Liga e Play-off, anotando catro goles. Souto xogaría este ano o Mundial de Clubes, sen embargo o futuro non estaba claro no club neozelandés e decidiu voltar a casa aceptando a oferta do Ourense.