Páginas

7 ago 2013

Gustavo Souto, un trotamundos que regresa a Galicia


O desexado dianteiro xa chegou a C.D.Ourense. Trátase de Gustavo Souto Sampedro, nado o 29 de abril de 1983 en Vigo, con 30 anos ás súas costas. Un home que volta a súa terra despois de percorrer España e lugares tan exóticos como Kazaxistán e Nova Zelanda. Clube Deportivo Ourense será o equipo número 14 na súa traxectoria, o que nos fala dun auténtico trotamundos do fútbol.

O seu último e exitoso destino foi o Auckland City Football Club de Nova Zelanda, onde chegou en xaneiro de 2013. Con este equipo conquistou a Champions League de Oceanía ao vencer na final ao Waitakere United, tamén neozelandés, por 2-1. Gustavo Souto non puido xogar a final ao estar lesionado, pero anotou tres goles nos cinco partidos que disputou nesta competición. Ademáis xogou outros oito partidos, entre Liga e Play-off, anotando catro goles. Souto xogaría este ano o Mundial de Clubes, sen embargo o futuro non estaba claro no club neozelandés e decidiu voltar a casa aceptando a oferta do Ourense.


Pero antes de chegar ao Auckland percorreu un largo camiño que debullamos deseguido:

- Comezou nas categorías inferiores do Areosa, pasando despois polo Celta de Vigo e Rápido de Bouzas, clube co que xogaría na División de Honor Xuvenil.

- Tempada 2003-04: Xoga en Rexional Preferente co Choco de Redondela. Gran campaña na que anota 26 goles en 32 partidos.

- Tempada 2004-05: Ficha polo Porriño Industrial de Terceira división, marcando 16 goles en 29 partidos a pesares de que o equipo descende. Sonou para o Celta B debido ao seu bo debut na categoría.

- Tempada 2005-06: O do Celta B non se materializa e recala nas filas do Alondras de Cangas. Marca 19 goles en 33 partidos, foi o segundo máximo goleador da categoría, e xoga a Fase de ascenso a Segunda B.

- Tempada 2006-07: Comeza o seu peregrinaxe asinando pola U.P. Langreo do grupo asturiano de 3ª división. Anota 8 goles en 14 partidos pero os problemas económicos empurrarono a probar fortuna no Villa Santa Brígida canario no mercado invernal, clube tamén de 3ª división. No equipo canario marcou 9 goles en 15 partidos e logra o ascenso a Segunda B marcando na eliminatoria final frente a Gimnástica Segoviana.

- Tempada 2007-08: Renova co Villa Santa Brígida. Gran tempada de Gustavo Souto que logra marcar 16 goles en 32 partidos nun equipo que xogou a promoción de permanencia. Precisamente superou a C.D.Ourense que descendeu esa tempada a 3ª división.

- Tempada 2008-09: Volta a Galicia asinando polo Rácing de Ferrol de Segunda B, malia que só permanece media tempada. Marca 4 goles en 12 partidos e no mercado de inverno asina polo Atlético Ciudad de Lorqui do grupo II de Segunda B onde marcará 6 goles en 13 partidos.



- Tempada 2009-10: Os problemas económicos do equipo murciano levan a Souto a recalar no Guadalaxara do grupo II de Segunda B. Comenza a tempada coma un foguete marcando cinco goles en catro partidos. Tan fulgurante inicio disparou os rumores sobre o seu futuro. Falábase do fútbol inglés, un tipo de fútbol que lle iría de fábula as súas características, e incluso do Celta. O obxectivo de Souto era chegar á 2ª división. Sen embargo todo se truncou en Toledo. Unha mala caída e unha rotura de clavícula que en principio era cousa dun mes pero que se complicou e acabo por telo afastado dos terreos de xogo casi cinco meses. Chegou a tempo de xogar a parte final da tempada, con promoción de ascenso a 2ª división incluida, anotando 4 goles en 9 partidos. Na fase de ascenso cairon ante o Ontinyent.

- Tempada 2010-11: Mala tempada para Gustavo Souto. Recala nas filas do Eibar de Segunda B. Non ten moita sorte, 2 goles en 12 partidos, en no mercado de inverno vaise á U.D.Logroñes, tamén de Segunda B. Cos rioxanos non melloran as cousas, asinando 1 gol en 11 encontros.

- Tempada 2011-12: Chega ao modesto Teruel do grupo III de Segunda B. Cos turolenses anota 9 goles en 26 partidos, sendo un dos máximos goleadores dun equipo que rematou na zona media da tabla.

- Tempada 2012-13: Comeza unha exótica aventura no F.C.Kairat de Kazaxistán, da Liga Premier do país asiático, baixo as ordes de Serer, ex xogador do Valencia, Barcelona, Villarreal e Mallorca. Xogou a segunda metada da liga anotando 2 goles en 9 partidos. En xaneiro abandonou o Kairat, estivo a piques de xogar en Turquía pero a oferta resultou ser un timo e acabou en terras neozelandesas nas filas do Auckland, tal e como xa comentamos anteriormente.

Gustavo Souto é un dianteiro forte, que non se arruga ante os defensas, que non para de presionar e de correr. Aguanta moi ben o balón, e na área é tremendamente resolutivo. Un rematador nato. Desexámoslle moita sorte esta tempada, onde os seus goles serán moi necesarios para que C.D.Ourense acade o obxectivo de rematar entre os dez primeiros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario