Páginas

12 ago 2013

O carné de socio de C.D.Ourense é o máis barato do grupo



Penso que os prezos, como todo o relacionado co fútbol en España, están inflados e son desproporcionados á realidade do país. A proba está en que os campos de tódalas categorías están cada vez más baleiros, diminuíndo o número de afeccionados que se achegan ata os estadios. Mesmo en Segunda B podemos comprobar como os prezos son na maioría dos casos desorbitados.

Como vemos no cadro que acompaña a este artigo, raramente baixan de cen euros. Só en Santander, Zamora, Compostela e Ourense pódese ver o fútbol por menos desa cantidade. É salientable como no Couto asistir a toda a tempada sae por 55 euros en Fondo, unha ganga comparado co resto de prezos. Incluso achegarse ata unha grada como a de Preferencia é do máis barato de todo o grupo, xunto con San Lázaro en Santiago, onde por 75 euros (menos de 4 euros por partido) pódese asistir a 19 encontros. Ser socio de Preferencia en C.D.Ourense é máis barato que o carné dos restantes clubes deste grupo, onde ninguna grada semellante se achega a este prezo nin por asomo.

E se nos fixamos na Tribuna, só máis cara que a da S.D.Compostela, vemos que é máis barata que o carné de Fondo ou Preferencia de varios clubes, ou mesmo do carné único da S.D.Logroñés, Guijuelo ou do Marino.

Realmente con estes prezos que disfrutamos en C.D.Ourense, chegar ata os  4.000 socios non debería de ser un problema. Dende logo que o que non se fai socio de C.D.Ourense é porque non quere. Esta pode ser unha gran baza do Consello de administración á hora da campaña de captación de socios.

Os prezos de C.D.Ourense son de sentido común atendendo á realidade do país. O fútbol ten que ser asequible para toda a poboación. Sacar un carné non pode ser un quebradeiro de cabeza para a economía dunha familia, ten que ser algo asumible sen problemas para a grande maioría de persoas. E os carnés de C.D.Ourense sí o son.

Dadas as distintas modalidades de carnés dos clubes, tentei reflectir nesta táboa a correspondencia cos básicos de C.D.Ourense e coas distintas bancadas, sempre referidos a prezos de adultos.

CLUB
TRIBUNA
PREFERENCIA
FONDO
Real Oviedo
250
195 (1)
Burgos
230
170
170
U.D.Logroñés
250
200
150
Rácing de Santander
315
159-128
99
S.D.Logroñés
170 (único)
Rácing de Ferrol
215
160
110
Zamora
210
141
85
Avilés
175
145
---
Caudal
155
140
---
Marino
155 (temp. 11-12 - único)
Guijuelo
150 (único)
Tropezón
150
110
---
Noja
110 (único)
Coruxo
100 (temp. 2012-13 - único)
Compostela
130 – 95
75
---
C.D.Ourense
135
75
55

(1)    Abono chamado Anillo azul

Como curiosidade, tamén comparei os prezos de categorías similares a Segunda B noutros países de Europa nos que o noso fútbol, que non a nosa economía, son comparables.
O fútbol máis caro atopámolo en Inglaterra. Os prezos da League One non baixan apenas dos 300 euros. En Alemaña, na Bundesliga 3, os abonos das localidades máis caras superan os 300 e incluso o 400 euros, malia que as máis baratas rondan os 150 euros.

En Italia pódense atopar prezos de tribuna de entre 300 e 500 euros, pero abundan os fondos por 100 euros e incluso menos. E é en Francia onde atopamos os prezos máis baratos. As tribunas andan polos 150 euros, rondando nos fondos os 60 euros, chegando aos 30 nalgúns casos.

Os presos do fútbol en España están desorbitados tendo en conta a situación económica e os salarios. Coido que a liña marcada por C.D.Ourense é a correcta. Espero que así se vexa reflectido no número de socios e na asistencia ao campo do Couto.

1 comentario: