Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta real oviedo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta real oviedo. Mostrar todas las entradas

23 sept 2013

O coco cae no Couto



Club Deportivo Ourense logrou unha convincente victoria sobre o Oviedo por 2-1. Un triunfo baseado nun plantexamento valente e ofensivo de Luisito. Coido que este foi un dos equipos máis ofensivos que alineou esta tempada. Pola súa banda o Oviedo é un equipo cun potencial ofensivo enorme pero que fraquea en tarefas defensivas, algo que os vermellos souberon explotar á perfección.

DOUS EQUIPOS AO ATAQUE

Os plantexamentos dos dous técnicos no deixaban lugar a dúbidas. Ambos sairon ao ataque coa intención de gañar o partido, sen especulacións de ningún tipo.

C.D.Ourense plantouse no maltreito céspede do Couto cunha única variante no once que gañou o domingo pasado en Xixón ao Sporting B. Juan Martínez deixou o seu posto no once a Borja Valle, héroe no Mareo ao anotar os dous goles dos vermellos. Un medio menos e un dianteiro máis. Un 4-2-3-1 con Pato na portería; Josu, Portela, Capi e Pinillos en defensa; Yebra e Álex no medio do campo; liña de tres con Iker Alegre pola dereita, Borja Valle pola esquerda e Javi Hernández no centro; e Óscar Martínez como dianteiro centro.

Pola súa banda Granero apostou por un ofensivo 4-4-2, que as veces parecía un 4-2-4, con Orlando Quintana na portería; David Alba, Pardo, David Fernández e Sergio Rodríguez na liña defensiva; Erice e Héctor Simón como mediocentros; Susaeta pola banda dereita; Eneko pola esquerda; Señé como segundo dianteiro e o peleón Diego Cervero como punta de lanza.

Dende o pitido inicial víronse claramente as intencións de ambos equipos. O Oviedo quería levar a iniciativa e apropiarse do balón, cunha intensa presión xa sobre a liña defensiva do Ourense, que por certo provocou varios erros na saída do balón que acabaron por propiciar o gol do empate dos asturianos. Unha vistosa proposta de fútbol que conta con xogadores de gran calidade para levala a cabo. A valía de xogadores como Susaeta, Eneko, Señé ou o discutido Diego Cervero, está fora de toda dúbida nesta categoría. Cando atacan o perigo pálpase.

12 ago 2013

O carné de socio de C.D.Ourense é o máis barato do grupo



Penso que os prezos, como todo o relacionado co fútbol en España, están inflados e son desproporcionados á realidade do país. A proba está en que os campos de tódalas categorías están cada vez más baleiros, diminuíndo o número de afeccionados que se achegan ata os estadios. Mesmo en Segunda B podemos comprobar como os prezos son na maioría dos casos desorbitados.

Como vemos no cadro que acompaña a este artigo, raramente baixan de cen euros. Só en Santander, Zamora, Compostela e Ourense pódese ver o fútbol por menos desa cantidade. É salientable como no Couto asistir a toda a tempada sae por 55 euros en Fondo, unha ganga comparado co resto de prezos. Incluso achegarse ata unha grada como a de Preferencia é do máis barato de todo o grupo, xunto con San Lázaro en Santiago, onde por 75 euros (menos de 4 euros por partido) pódese asistir a 19 encontros. Ser socio de Preferencia en C.D.Ourense é máis barato que o carné dos restantes clubes deste grupo, onde ninguna grada semellante se achega a este prezo nin por asomo.