Páginas

14 sept 2013

Sporting B, xoves talentos cun inicio irregular



O filial do Sporting de Xixón colleitou dúas derrotas e unha victoria nun inicio irregular do campeonato ligueiro. Caeu na primera xornada en Noja por 2-1. Na segunda xornada goleou a un débil Tropezón por 4-1 no Mareo e na última xornada volveu a perder lonxe de Asturias, nesta ocasión ante a U.D.Logroñés por 1-0. Este pasado mércores xogou o partido de volta da Copa Federación de Asturias. Os roxibrancos perderon por 4-1 ante o Avilés, sendo eliminados por un global de 5-1. Como vemos un inicio bastante irregular.

O Sporting B voltou á 2ª B na tempada 2008-09, despois de pasar seis tempadas na 3ª división, ocupando postos da zona media-baixa da clasificación. Incluso na tempada 2010-11 descendeu de categoría. Sen embargo o Spórting comprou unha praza en 2ª B por 395.000 euros, tralo descenso administrativo da Cultural Leonesa. A tempada pasada rematou no posto décimoterceiro, empatado a puntos con Club Deportivo Ourense. No partido xogado en terras asturianos os vermellos gañaron por 0-1gracias a un gol de Óscar Martínez no primeiro tempo.


O ADESTRADOR

Abelardo
Repite Abelardo no banco. O ex xogador internacional do Spórting de Xixón, Barcelona e Alavés será o encargado de manter ao equipo un ano máis na categoría, e de promocionar xogadores para o primeiro equipo como aconteceu no pasado curso con Luís Hernández, Sergio Álvarez, Álex Barrera, Miguel Ángel Guerrero, Santi Jara e Álex Serrano.

OS XOGADORES

Como é habitual nun equipo filial, está composto por xogadores moi xoves e de gran calidade. Pero este Sporting B non se nutre só de xogadores asturianos, senón que tamén vai por toda España recollendo posibles figuras que un día devolvan ao Sporting á 1ª división. Así esta tempada ficharon a Alberto Benito, un defensa procedente do Gimnastic de Tarragona, ao medio Guitián do Racing de Santander B, ao extremo Jony do Avilés, aos medios Álex Zambrano (Villarreal B) e Rachid (Rácing de Lens B), e ao dianteiro marroquí Yacine Qasmi procedente do Xetafe B.

Álex Menéndez
Na portería xoga Dennis (21 anos) formado na escola do Mareo. Neste principio de tempada acompáñano na liña defensiva Alberto Benito (21 anos) no lateral dereito, xogador chegado do Nástic; no centro da zaga destaca especialmente Julio Rodríguez (17 anos) unha das grandes promesas do equipo, que está acompañado do “veterano” Alain (23 anos) facendo contrapunto a súa xuventude; e no lateral esquerdo temos a Álex Menéndez (22 anos), un xogador que está a cabalo do primeiro equipo e do filial.

No centro do campo fíxose cun posto fixo o arxelino Rachid Ait-Atmane (20 anos) chegado este verán ao equipo procedente do Rácing de Lens B francés. Polo de agora non ten un acompañante fixo no medio centro. Homes como Álex Zambrano (22 anos), chegado do Villarreal B, ou Pablo Pérez (20 anos) formado en Mareo están chamados a ser importantes neste equipo.

Polas bandas a cousa está máis clara. Pola dereita destaca o xovencísimo Guillermo (17 anos), que incluso pode ter minutos no primeiro equipo, mentras que pola esquerda está xogando a moi bo nivel Jony (22 anos) fichado do Avilés este verán.
Carlos Castro

E no ataque destaca Yacine Qasmi (22 anos), dianteiro marroquí, internacional nas categorías inferiores do país africano, que xogou no Xetafe B a tempada pasada e Carlos Castro (18 anos), internacional sub-19 e máximo goleador do equipo con dous tantos.

O Sporting B será un rival imprevisible, como todo filial que se precie, que si os seus talentosos xogadores teñen un bo día, serán moi difíciles de parar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario