Páginas

16 sept 2013

Borja Valle desequilibra en Xixón



Importante victoria a lograda por Club Deportivo Ourense ante o Sporting B. Os tres puntos serven para romper unha racha de dúas derrotas consecutivas e permítenlle ao equipo adquirir unha boa dose de confianza, ademáis de espantar as primeiras dúbidas xurdidas tralas derrotas en Vigo e no Couto ante o Rácing de Ferrol. Victoria por 0-2 que podemos considerar xusta pero que tampouco debe esconder os defectos apreciados antes do 0-1.

TROCOS OBRIGADOS NA ALINEACIÓN

De saída Luisito viuse obrigado a realizar dous trocos con respecto ao equipo que perdeu ante o Rácing de Ferrol, os dous por problemas físicos. Moisés deixou o seu posto no centro da defensa a Portela, aínda convaleciente do terrible choque con Manu Barreiro, e Juan Martínez disputou o seu primeiro partido como titular en lugar de Adil. O resto os mesmos do pasado domingo.

Na liña de ataque, desta volta, Iker Alegre ocupou a banda dereita e Javi Hernández a esquerda, con Óscar Martínez como punta de lanza.

Pola súa banda o Sporting B non podía contar co lateral esquerdo Álex Menéndez, convocado polo primeiro equipo para o seu partido anteo Deportivo da Coruña.

IGUALDADE NO PRIMEIRO TEMPO

De saída vimos a un Ourense máis presionante que en partidos anteriores. O trivote formado por Yebra, Álex e Juan Martínez cortaba todo o xogo do filial sportinguista e conseguían ter máis posesión de balón. Sen embargo o problema chegaba á hora de hilvanar xogadas de ataque.

A imprecisión nos pases facía que apenas se creara perigo na área local. Cun Javi Hernández desaparecido tan só as galopadas de Iker Alegre pola banda dereita levaban o desasosego ao porteiro local Dennis. O Ourense tiña o partido controlado pero non creaba ocasións. Esperemos que a volta ao terreos de xogo de Adrián Cruz acabe con esta falta de creatividad no medio do campo.

Pola súa banda o Sporting B tampouco creaba perigo. A superioridade do Ourense no centro do campo obrigabaos a xogar ao contragolpe, sendo Jony o seu xogador máis perigoso, mantendo un bonito pulso con Josu.

O SPORTING B SAE MELLOR NO SEGUNDO TEMPO

Os homes de Abelardo saíron con máis ahínco na segunda metade. A súa maior presión fíxolle dano a Club Deportivo Ourense que perdeu o control do partido. O balón rondaba á area bermella, e aínda que as ocasións non eran claras o gol podía caer en calquera momento. O xogo polas bandas do Sporting puña en apuros a un Ourense que necesitaba unha reacción.

BORJA VALLE CLAVE

Así acabou C.D.Ourense
No pior momento do Ourense no partido Luisito opta por retirar a un apático Javi Hernández e dar entrada a Borja Valle. Era o minuto 57. Tan só necesitou catro minutos para romper o partido. Nun contraataque vermello encarou ao seu defensor e soltou un bo disparo dende a frontal da área que superou a estirada de Dennis.

A partires deste momento o encontro entrou noutra dinámica. O Ourense pasou a controlar de novo o partido ante un Sporting B que acusou o gol en contra e apenas volveu a crear perigo. Tan só un remate de cabeza do central Julio con todo a favor pudo empatar o encontro.

Pola súa banda o Ourense atopaba moitos ocos e Álex perdoou o 0-2 só ante Dennis. Non o fixou Borja Valle pouco despois, sentenciando o partido despois de varios rebotes na área local.

Con Borja Valle no campo o Ourense tiña outra vía de penetración ademáis da dun activo Iker Alegre. A súa entrada ao campo desequilibrou un partido que no comezo da segunda metada adquirira tintes roxiblancos.

Importante triunfo ourensanista. Non por situarnos na parte alta da clasificación, algo anecdótico a estas alturas de campeonato, senón por rachar unha xeira de dúas derrotas consecutivas que sembraran as primeiras dúbidas na capacidade deste equipo.

Agora con Adrián Cruz xa a disposición de Luisito deberíamos de dar un salto de calidade no centro de campo, algo imprescindible para acadar o obxectivo de asentarse na zona media-alta da clasificación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario