Sen embargo non
puido debutar en partido oficial ata o 28 de outubro, na oitava xornada de liga,
debido a que a Federación Holandesa non o autorizaba posto que argumentaba que xa estaba pechado
o mercado de fichaxes cando asinou polo Barcelona. Aínda así, o seu debut chegou
antes do esperado, xa que ata o 2 de decembro non estaba
previsto que a Federación Holandesa dera o transfer correspondente.
Xa que non podía disputar partidos oficiais, Johan Cruyff xogaba algún que outro amigable na Cidade Condal, onde aos siareios barcelonistas facíaselles a boca auga co xogo do astro holandés, lamentando que non puidera xogar na Liga, onde os cataláns comezaron muy mal o campionato. En total foron tres os amigables que xogou Cruyff no Camp Nou.



