![]() |
| Manolo Tomé |
A pasada semana
concretouse a fichaxe do ouresanista Pinillos polo Córdoba. Últimamente parece
que os xogadores de Club Deportivo Ourense son pezas codiciadas por clubes de
superior categoría. Porque se agora o que se foi deixando cartos nas arcas do
Ourense foi Pinillos a tempada pasada ocurriu outro tanto co dianteiro Jona,
fichado polo Granada e que esta tempada xoga cedido no Real Xaén.
A pesares destes
dous últimos exemplos non é demasiado habitual que Club Deportivo Ourense
traspase xogadores, aínda que ao longo dos máis de 60 anos de historia dos
vermellos si que houbo traspasos sonados. Aquí deixou cinco casos que considero
realmente salientables.
1.- Manolo Tomé ao Fútbol Club Barcelona. Ao
comezo da tempada 1973-74 o equipo catalán pon os seus ollos no centrocampista
nado en Moaña. Tomé fora unha das pezas máis destacadas na gran campaña 1972-73
na que os vermellos acadaron o ascenso a 2ª división e protagonizaron unha
grande campaña copeira, coa histórica eliminatoria ante a Real Sociedade de San
Sebastián. Finalmente o prezo marcado é de 9 millóns de pesetas, 6 en metálico
e os outros 3 garantidos cun partido no Couto fronte ao primeiro equipo do
Barcelona co recén chegado Cruyff ao fronte. Ademáis os culés ceden a dous
xogadores a escoller entre Olmo, Teixidó e Pousada. Os vermellos elixen a
Teixidó e Pousada, desbotando a Olmo que chegaría a ser internacional. Tomé
xogaría catro tempadas no Nou Camp, pasando despois ao Salamanca onde xogou
outras 5 tempadas en 1ª división.


