Tal día coma hoxe de 1952 nacía Club Deportivo Ourense, e con él unha paixón
que nos acompaña dende hai 61 anos. Milleiros e milleiros de ourensáns
compartiron, comparten e, espero que por moitos anos, compartirán unha paixón
que pasa de xeración en xeración. Así comezou todo.No verán de 1952 a Unión Deportiva Orensana desaparecía do panorama futbolístico ourensán e nacional. Puña fin a súa curta, pero exitosa traxectoria, debido a problemas económicos. Nesta última tempada o club militaba na 2ª división, aínda que descenderá, chegando a xogar a final da Copa Federación, caendo derrotada no estadio Metropolitano de Madrid ante o Real Xaén por 3-1.
O caso é que Ourense volvía a quedar orfa de fútbol a nivel de categoría nacional. Nembargantes a afección ourensá non quería perder un dos poucos entreteñementos que había naquela época e deseguido comezáronse a buscar solucións para encher o vacío deixado pola Unión Deportiva Orensana.
Existían dúas solucións: resucitar ao Atlético de Ourense, un club que militara nas últimas tempadas na Serie A con non moi bos resultados e que nese momento estaba abandonado, carecía de directiva e tiña bastantes problemas económicos. Esta opción non era ben vista por moitos afeccionados que se opoñían a elo debido a que non o consideraban representativo da cidade e que, para selo, tería que empezar por trocar o nome; ou ben crear un novo club. Sea como fóra Ourense tería que empezar dende a Serie A.