Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta copa federacion. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta copa federacion. Mostrar todas las entradas

13 feb 2014

Apuntamentos do C.D.Ourense, 6 – C.D.Alcalá, 1


Foto: Brais Lorenzo - Faro de Vigo

1.- Plantexamento inicial. O Ourense tiña que remontar un 3-1 e, ademáis, contaba con moitas baixas na liña defensiva, por iso Luisito optou pola fórmula máis lóxica: tres defensas, dous mediocentros, tres mediapuntas e dous dianteiros. Ataque total dende un principio. Saíu perfecto.

2.- Comunión total entre a grada e os xogadores. Achegouso ao Couto moita máis xente da que soe acudir a estes partidos da Copa Federación. A situación dos xogadores (tres meses sen cobrar) e a implicación que demostran, a pesares de todo, co club, fixeron que acudise máis xente que estivo dende o primeiro momento ao carón do equipo. ¡Así sempre!

3.- Dentro do bo ton xeral do equipo destacar sobremaneira a tres xogadores: Rubén Arce, Óscar Martínez e Adrián Cruz. 

10 feb 2014

Remontadas no Couto, é posible


C.D.Ourense 84-85

O mércores a partires das 20,00 horas C.D.Ourense e os seus siareiros teñen unha cita no Estadio do Couto. O reto é remontar o 3-1 encaixado en Alcalá de Guadaira na ida dos cuartos de final da Copa da Real Federación Española de Fútbol. Unha cita que adquire grande interés debido a delicada situación económica do club. De acadar a clasificación os vermellos xa comezarían a gañar cartos en esta competición, algo fundamental nos momentos actuáis.

O C.D.Alcalá e un club sevillano de 3ª división, ocupa o segundo posto do grupo X, que está a realizar unha moi boa tempada e que xa deixou na cuneta ao C.D. El Palo, equipo do grupo IV de 2ª B, na anterior eliminatoria da Copa Federación, polo que non será un rival doado, nin moito menos. 

Será complicado pero entre todos é posible superar esta eliminatoria e meterse nas semifinais. O Couto xa viviu varias remontadas, algunhas moito máis complicadas que esta, polo que esperamos engadir unha máis a nosa historia. Aquí deixou un par de épicas remontadas que merece a pena lembrar polo que supuxeron naquel momento.

02-06-1985: C.D.Ourense, 3 – Mallorca At., 0 (1-3 na ida) – 1ª eliminatoria promoción de ascenso a 2ª B.

Os vermellos intentaba saír da 3ª división, pozo onda levaban cinco tempadas. Era a terceira promoción de ascenso e as cousas complicáranse moito no partido de ida. Os filiais do Mallorca, dirixidos por un tal Lorenzo Serra Ferrer, superaron a C.D.Ourense en todos os aspectos, demostrando ser un gran equipo con xogadores de moita calidade. Nos baleares destacara o xove Molina, que volvera totalmente tola á defensa de C.D.Ourense.

16 ago 2013

Copa Federación de 1952: a derradeira xesta da U.D.Orensana



Aproveitando o sorteo da Copa Federación realizado esta semana imos lembrar a derradeira fazaña da extinta Unión Deportiva Orensana. Ao final da tempada 1951-52, a popular Orensana consumara o seu descenso a 3ª división despois de tres tempadas na categoría de prata do fútbol español. Á crise deportiva sumábase unha galopante crise económica e social. A pesares de todo, o clube dispúxose a participar na Copa Federación.

Esta era unha competición voluntaria na que podían participar os equipos de 2ª división, non inmersos en ningunha fase de promoción, e os campións e subcampións de 3ª división. A Orensana comezou a súa andadura nos octavos de final. Correspondeulle o Círculo Popular da Felguera, equipo asturiano subcampión do grupo 1º de 3ª división, pasando á seguinte ronda sen problemas. Na ida venceu no Couto a Orensana por 4-1 e na volta volveu a gañar por 1-2.