Páginas

10 feb 2014

Remontadas no Couto, é posible


C.D.Ourense 84-85

O mércores a partires das 20,00 horas C.D.Ourense e os seus siareiros teñen unha cita no Estadio do Couto. O reto é remontar o 3-1 encaixado en Alcalá de Guadaira na ida dos cuartos de final da Copa da Real Federación Española de Fútbol. Unha cita que adquire grande interés debido a delicada situación económica do club. De acadar a clasificación os vermellos xa comezarían a gañar cartos en esta competición, algo fundamental nos momentos actuáis.

O C.D.Alcalá e un club sevillano de 3ª división, ocupa o segundo posto do grupo X, que está a realizar unha moi boa tempada e que xa deixou na cuneta ao C.D. El Palo, equipo do grupo IV de 2ª B, na anterior eliminatoria da Copa Federación, polo que non será un rival doado, nin moito menos. 

Será complicado pero entre todos é posible superar esta eliminatoria e meterse nas semifinais. O Couto xa viviu varias remontadas, algunhas moito máis complicadas que esta, polo que esperamos engadir unha máis a nosa historia. Aquí deixou un par de épicas remontadas que merece a pena lembrar polo que supuxeron naquel momento.

02-06-1985: C.D.Ourense, 3 – Mallorca At., 0 (1-3 na ida) – 1ª eliminatoria promoción de ascenso a 2ª B.

Os vermellos intentaba saír da 3ª división, pozo onda levaban cinco tempadas. Era a terceira promoción de ascenso e as cousas complicáranse moito no partido de ida. Os filiais do Mallorca, dirixidos por un tal Lorenzo Serra Ferrer, superaron a C.D.Ourense en todos os aspectos, demostrando ser un gran equipo con xogadores de moita calidade. Nos baleares destacara o xove Molina, que volvera totalmente tola á defensa de C.D.Ourense.


Como non podía ser de outra maneira os vermellos saen a por todas no partido de volta, marcando o territorio rápidamente e incluso asustando aos xoves xogadores baleares. Nada máis comezar o encontro Molina, a súa figura, ten que ser sustituido ao lesionarse tras unha entrada de Vila no centro do campo. Sen o seu mellor xogador no campo o dominio e do Ourense, logrando Mugüerza o 1-0 no primeiro tempo. Na segunda metade o dominio vermello xa non foi tan claro e intenso, aínda que os vermellos nunca deixaron de buscar o gol ante un rival moi bo técnicamente. Sen embargo mediado o segundo período un penalti transformado por Quino igualaba a eliminatoria. O máis difícil estaba feito. Na prórroga, co Couto volcado, non se podía escapar a eliminatoria e Toño Rivas certificaba o pase a segunda e definitiva eliminatoria que nos enfrentaría ao Basconia, e que nos devolvería a 2ª B.

Xogaron en C.D.Ourense: Hortas; Modesto (Lito), José Luís, Vila, Nolis; Andrés González (José Ramón), Quino, Toño Rivas; Toñito, Dibuja e Mugüerza.

C.D.Ourense 72-73
24-01-1973: C.D.Ourense, 5 – Tenerife, 2 (1-3 na ida) – 4ª eliminatoria de Copa

A tempada 1972-73 foi unha das mellores de C.D.Ourense. Campeón do grupo I de 3ª división ascendeu a 2ª división e na Copa fixo unha das súas mellores campañas chegando ata os octavos de final onde foi apeado polo Granada de 1ª división, pero deixando antes na cuneta a Real Sociedade nunha épica eliminatoria (1-3 e 4-3) despois de eliminar ao Tenerife. 

Antes de atoparse co Tenerife o Ourense eliminou a Gran Peña e Compostela (ambos de 3ª división) e ao Córdoba de 2ª división. Estaban avisados os tinerfeños e parecían resolver a eliminatoria en terras insulares cun 3-0 ao cuarto de hora do segundo tempo. Sen embargo entre a relaxación canaria e o impetu ourensán chegou un gol de Montenegro que deixou o marcador no 3-1 definitivo.

O Couto rexistrou unha gran entrada para levar en volandas aos vermellos. O primeiro hándicap que se atoparon os tinerfeños foi o encharcado terreo de xogo. Sobre o barrizal do Couto os vermellos pasaron por riba dun Tenerife incapaz de parar o vendaval  ourensanista. Á media hora os localis xa vencían por 2-0. Seijas e Orúe colocaban por diante ao Ourense polo valor doble dos goles en campo contrario. 

Pero non podía ser tan doado e nos primeiros compases da segunda metade Cabrera puña o 2-1. Aos 25 minutos Orúe colocaba o 3-1 e igualaba a eliminatoria, chegándose a unha prórroga que foi frenética.

Seijas rematou un córner no minuto 11 da prórroga (4-1) respondendo catro minutos despois Bergara (4-2). Con este resultados os vermellos estaban eliminados. Na segunda parte da prórroga os ourensanistas volcarónse sobre a porta canaria e Orúe volveu a marcar facendo o 5-2 definitivo ao rematar de cabeza un centro de Varela Pérez. Tolemia no Couto e os vermellos adiante na Copa.

Xogaron en C.D.Ourense: Santamaría; José Luís, Mantecón, Fuertes; Tomé, Ordax; Ortega, Seijas, Orúe, Montenegro e Varela Pérez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario