![]() |
| C.D.Ourense 84-85 |
O mércores a
partires das 20,00 horas C.D.Ourense e os seus siareiros teñen unha cita no
Estadio do Couto. O reto é remontar o 3-1 encaixado en Alcalá de Guadaira na
ida dos cuartos de final da Copa da Real Federación Española de Fútbol. Unha
cita que adquire grande interés debido a delicada situación económica do club.
De acadar a clasificación os vermellos xa comezarían a gañar cartos en esta
competición, algo fundamental nos momentos actuáis.
O C.D.Alcalá e un club sevillano de 3ª división, ocupa o
segundo posto do grupo X, que está a realizar unha moi boa tempada e que xa
deixou na cuneta ao C.D. El Palo, equipo do grupo IV de 2ª B, na anterior
eliminatoria da Copa Federación, polo que non será un rival doado, nin moito
menos.
Será complicado
pero entre todos é posible superar esta eliminatoria e meterse nas semifinais.
O Couto xa viviu varias remontadas, algunhas moito máis complicadas que esta,
polo que esperamos engadir unha máis a nosa historia. Aquí deixou un par de
épicas remontadas que merece a pena lembrar polo que supuxeron naquel momento.
02-06-1985: C.D.Ourense, 3 – Mallorca At., 0 (1-3
na ida) – 1ª eliminatoria promoción de ascenso a 2ª B.
Os vermellos
intentaba saír da 3ª división, pozo onda levaban cinco tempadas. Era a terceira
promoción de ascenso e as cousas complicáranse moito no partido de ida. Os
filiais do Mallorca, dirixidos por un tal Lorenzo Serra Ferrer, superaron a
C.D.Ourense en todos os aspectos, demostrando ser un gran equipo con xogadores
de moita calidade. Nos baleares destacara o xove Molina, que volvera totalmente
tola á defensa de C.D.Ourense.
