Páginas

13 feb 2014

Apuntamentos do C.D.Ourense, 6 – C.D.Alcalá, 1


Foto: Brais Lorenzo - Faro de Vigo

1.- Plantexamento inicial. O Ourense tiña que remontar un 3-1 e, ademáis, contaba con moitas baixas na liña defensiva, por iso Luisito optou pola fórmula máis lóxica: tres defensas, dous mediocentros, tres mediapuntas e dous dianteiros. Ataque total dende un principio. Saíu perfecto.

2.- Comunión total entre a grada e os xogadores. Achegouso ao Couto moita máis xente da que soe acudir a estes partidos da Copa Federación. A situación dos xogadores (tres meses sen cobrar) e a implicación que demostran, a pesares de todo, co club, fixeron que acudise máis xente que estivo dende o primeiro momento ao carón do equipo. ¡Así sempre!

3.- Dentro do bo ton xeral do equipo destacar sobremaneira a tres xogadores: Rubén Arce, Óscar Martínez e Adrián Cruz. 


Rubén Arce fixo un extraordinario partido, quizáis o mellor en C.D.Ourense. A banda dereita foi totalmente súa, e iso que non só tiña que atacar senón tamén botar unha man en tarefas defensivas ao xogar só con tres defensas. No primeiro tempo xa foi dos destacados, pero na segunda parte salíuse: pelexa continua, desborde e perigosísimos centros (dous acabaron en gol). 

Óscar Martínez reencontrouse co gol definitivamente. Segue amosando as virtudes que despregaba antes da lesión (pelexa e dar saída ao equipo co balón de costas á portería), pero agora atopouse co gol, que tanto se lle negara antes da lesión. En Luanco xa anotara un gol na eliminatoria anterior da Copa, e agora fixo dous ante o Alcalá. Necesitamos os seus goles para manternos na loita polos primeiros postos na Liga.

Adrián Cruz comeza a amosar a calidade que se dicía cando chegou este verán procedente do Marino de Luanco. Os comenzos dubitativos do moañés parecen quedar atrás e onte deu unha clase maxistral de como dirixir ao equipo nun terreo de xogo tan lamentable como o do Couto, tendo ademáis presenza en ataque. 

4.- Destacar o debut do canteirán Pablo Corzo. Sustituíu a Moisés no minuto 70, xusto despois do 5-0. A súa saída coincidiu coa fase de maior ataque dun Alcalá que se tiña que xogar o todo polo todo. A ver si co tempo consigue facerse cun posto no primeiro equipo.

5.- E como nota negativa, unha vez máis, o estado do terreo de xogo. Facer fútbol combinativo é prácticamente imposible no Couto, unha circunstancia que penso xoga en contra do noso equipo, por máis que onte gañaramos 6-1. De aquí a final de tempada non creo que teña arranxo, aínda que se deixara de chover notaríase, pero xa se debería de estar traballando en como solucionalo de cara á tempada que ben, despois todo son presas e malos arranxos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario