![]() |
| Foto: Brais Lorenzo - Faro de Vigo |
1.- Plantexamento inicial. O Ourense tiña que remontar un
3-1 e, ademáis, contaba con moitas baixas na liña defensiva, por iso Luisito
optou pola fórmula máis lóxica: tres defensas, dous mediocentros, tres mediapuntas
e dous dianteiros. Ataque total dende un principio. Saíu perfecto.
2.- Comunión total entre a grada e os xogadores. Achegouso
ao Couto moita máis xente da que soe acudir a estes partidos da Copa
Federación. A situación dos xogadores (tres meses sen cobrar) e a implicación
que demostran, a pesares de todo, co club, fixeron que acudise máis xente que
estivo dende o primeiro momento ao carón do equipo. ¡Así sempre!
3.- Dentro do bo ton xeral do equipo destacar sobremaneira a
tres xogadores: Rubén Arce, Óscar Martínez e Adrián Cruz.
