Aproveitando o
sorteo da Copa Federación realizado esta semana imos lembrar a derradeira
fazaña da extinta Unión Deportiva Orensana. Ao final da tempada 1951-52, a
popular Orensana consumara o seu descenso a 3ª división despois de tres
tempadas na categoría de prata do fútbol español. Á crise deportiva sumábase
unha galopante crise económica e social. A pesares de todo, o clube dispúxose a
participar na Copa Federación.
Esta era unha competición voluntaria na que podían participar os equipos de 2ª división, non inmersos en ningunha fase de promoción, e os campións e subcampións de 3ª división. A Orensana comezou a súa andadura nos octavos de final. Correspondeulle o Círculo Popular da Felguera, equipo asturiano subcampión do grupo 1º de 3ª división, pasando á seguinte ronda sen problemas. Na ida venceu no Couto a Orensana por 4-1 e na volta volveu a gañar por 1-2.
