| C.D.Ourense campión en 2008 - Foto La Región |
C.D.Ourense resultou exento na primeira eliminatoria da Copa Federación. Entrará na competición
disputando as semifinais contra o vencedor da eliminatoria entre Alondras e
Rápido de Bouzas, os vigueses son os vixentes campións. Tan só seis clubes se
animaron a disputar esta competición na fase autonómica despois de renunciar
Coruxo, Celta B, Deportivo B, As Pontes e Órdenes. Ademáis dos citados
anteriormente Negreira, Compostela e Pontevedra completan o sexteto de
participantes. A outra semifinal disputarana o Pontevedra e o gañador da
eliminatoria entre Negreira e Compostela. Este é o cadro da fase autonómica:
Cuartos de final (22 e 29 de agosto)
(A) Alondras – Rápido de Bouzas
(B)
Negreira
– Compostela
Semifinais (19 e 26 de setembro)
(C)
Vencedor
A – C.D.Ourense
(D) Vencedor B - Pontevedra
Final (10 de outubro) nun campo por determinar