Onte C.D. Ourense
perdeu no partido de presentación ante o Sporting de Braga por 1-2. Pero non
foi o Sporting de Braga prometido o que se achegou ao estadio do Couto. Ese que
acabou en cuarta posición da liga portuguesa e que xogará este ano a Europa
League despois de xogar a tempada pasada a Champions. Non. O equipo que se
achegou ao estadio ouresanista foi o Sporting de Braga B, clube que militará a
próxima tempada na segunda división do fútbol luso.
