O filial do
Sporting de Xixón colleitou dúas derrotas e unha victoria nun inicio irregular
do campeonato ligueiro. Caeu na primera xornada en Noja por 2-1. Na segunda
xornada goleou a un débil Tropezón por 4-1 no Mareo e na última xornada volveu
a perder lonxe de Asturias, nesta ocasión ante a U.D.Logroñés por 1-0. Este
pasado mércores xogou o partido de volta da Copa Federación de Asturias. Os
roxibrancos perderon por 4-1 ante o Avilés, sendo eliminados por un global de
5-1. Como vemos un inicio bastante irregular.
O Sporting B voltou á 2ª B na tempada 2008-09, despois de pasar seis tempadas na 3ª división, ocupando postos da zona media-baixa da clasificación. Incluso na tempada 2010-11 descendeu de categoría. Sen embargo o Spórting comprou unha praza en 2ª B por 395.000 euros, tralo descenso administrativo da Cultural Leonesa. A tempada pasada rematou no posto décimoterceiro, empatado a puntos con Club Deportivo Ourense. No partido xogado en terras asturianos os vermellos gañaron por 0-1gracias a un gol de Óscar Martínez no primeiro tempo.

Tal día coma hoxe de 1952 nacía Club Deportivo Ourense, e con él unha paixón
que nos acompaña dende hai 61 anos. Milleiros e milleiros de ourensáns
compartiron, comparten e, espero que por moitos anos, compartirán unha paixón
que pasa de xeración en xeración. Así comezou todo.







